Feta

(Redirección desde «Queixo feta»)

Feta (grego: φέτα, xénero feminino) é un queixo clásico de Grecia fundamentado na callada do queixo que se cura en salmoira. Este tipo de queixo é moi tradicional, remontándose, polo menos, á Antigüidade homérica (na Rapsodia "I" da Odisea inclúese unha moi completa descrición da preparación da feta). O queixo feta elabórase xeralmente con leite de ovella aínda que poden atoparse variedades con leite de cabra e mesmo de vaca nalgunhas áreas.

Queixo Feta
Queixo Feta nunha ensalada grega

Principais características editar

É un queixo brando, sen "pel" que se expende en porcións rectangulares ou en forma de cuña. A súa consistencia é sólida aínda que flexible posuíndo algunhas gretas e presentando poucos pequenos ocos ou ningún. A súa porcentaxe butirosa (teor graxo) mínimo é do 43% do peso neto. Ao gusto é delicadamente craso e lixeiramente acedo resultando nun sabor moi grato.

No comercio, a auténtica feta distribúese en caixas de madeira ou, na súa falta, é envasada en lata.

Emprego editar

O queixo feta está amparado por unha denominación de orixe como un dos ingredientes da ensalada grega e das empanadas gregas chamadas spanakotiropites.

A palabra feta tamén significa corte moi delgado de queixo ou friames. Exemplo unha feta de queixo, unha feta de xamón.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Artigo en Internet sobre o queixo Feta: [1]