O quadrussis (voz latina; plural quadrusses) foi unha primitiva moeda da Antiga Roma de bronce fundido, utilizada en tempos da República e co valor de catro ases do sistema libral.[1][2][3][4]

Caracterización editar

Esta enorme moeda, fundida e de forma rectangular, tiña, por tanto, o peso de catro libras, ou o que é o mesmo, arredor de 1.296 gramos.[5][6]

Os escasos exemplares coñecidos non amosan lendas de ningún tipo, mais si diferentes marcas e motivos en ambas as súas faces, como aguias, Pegasos, bois etc.[7][8]

Canto á súa época de emisión, Meynaerts postula que se debe corresponder co século VII a. de C.[9]

Como marca de valor amosa catro barras verticais, representativas do seu valor de catro ases e o seu peso de catro libras.[10]

Notas editar

  1. Quadrussis”. En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
  2. Quadrussis”. En Forum ancient coins.
  3. “Multiple of the as”. En Roman bronce coins. www.monete-romanae
  4. Quadrussis” e “Quatrussis”. En Encyclopedie Methodique. Tomo 5º. París. 1793. Páxina 193.
  5. Doursther, Horace. (1840). “Quadrussis”. Páxina 466.
  6. Frey, Albert R. A dictionary of numismatic names, their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol. 50. American Numismatic Society, 1917. Páxina 193.
  7. Meynaerts. “Note sur un quadrussis inédit". Revue de la Numismatique Belge. Tomo II. Bruxelas, 1846. Páxinas 147-149.
  8. Stevenson, W. (1889). “Quadrussis”. Páxina 673.
  9. Meynaerts (1846). Páxina 148.
  10. Babelon, E. (1885). Introdución. Páxina IX.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar