Qüestió de noms
Qüestió de noms (Cuestión de nomes) é un ensaio do escritor catalán Joan Fuster publicado en 1962. Trátase dun opúsculo onde se teoriza sobre o nome que debería ter a totalidade territorial da nación catalá, así como os diferentes territorios que a integran. Foi publicado en Edicions d'Aportació Catalana, unha pequena editorial fundada co apoio do mesmo Fuster, dentro da colección Entre tots ho farem.
Qüestió de noms | |
---|---|
Título orixinal | Qüestió de noms |
Autor/a | Joan Fuster Ortells |
Lingua | lingua catalá |
Tema(s) | historia e política |
Xénero(s) | ensaio |
Editorial | Edicions d'Aportació Catalana |
Data de pub. | 1962 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Teoría dos nomes
editarPara Fuster, a construción nacional dos Países Cataláns xiraba en torno dunha esencia inmutable e perpetuada no tempo e no territorio dende o ano 1238: a lingua catalá. Esta, pois, convertíase no elemento vertebrador que daba catalanidade a valencianos e baleares. Ante a tentación localista, Fuster propugna o uso do termo Países Cataláns, que considera máis apto que o de Cataluña Grande ou Grande Cataluña, e o cal, polo feito de se tratar dun plural, sostiña que salvaba e acollía provisionalmente as persistencias dos particularismos tradicionais:
Máis apta cá forma "Grande Cataluña" ou "Cataluña Grande" é a de "Países de Lingua Catalá". E mellor aínda, a de "Países Cataláns", que tanto se espallou nos últimos dez anos, e que con iso mesmo fixo a proba da súa viabilidade. Países Cataláns ten, en primeiro lugar, a vantaxe da concisión e da "normalidade". Ten, ademais, outro, que provisionalmente salva e acolle as persistencias dos particularismos tradicionais: é un plural.
Esta proposta quería representar un paso provisional previo á adopción do nome Cataluña para designar a totalidade da nación catalá, cando esta tivese conseguido o autogoberno e tivese recuperado os dereitos históricos que lle pertencen. Cumpría, pois, reservar o nome para a totalidade da nación e usar a denominación Principado de Cataluña para se referir á Cataluña estrita:
Se cadra -cando menos é o meu punto de vista-, o ideal sería adoptar, non xa a forma "Cataluña Grande", senón sinxelamente "Cataluña", para designar as nosas terras. Agora ben: esta aspiración tense que aprazar sine díe. Podemos preparar as condicións materiais e morais para que un día sexa xa factible. E é por iso que en certos momentos cumpriría recomendar unha cautela amolada no uso da palabra "Cataluña". Teriamos que facer os maiores esforzos para reservarlle no futuro aquela amplitude integral. É por esta razón que convén empregar sistematicamente a denominación "o Principado" para referírmonos á Cataluña estrita: Principado ou, se se quere, "Cataluña estrita" xustamente.
Fuster, malia todo, sempre tivo presente na súa idea da construción nacional catalá que non todo o territorio dos Países Cataláns era nin fora sempre catalanofalante. O interior do País Valenciano e a comarca do Baix Segura convertíanse así nun problema grave que cumpría solucionar. A idea de nación que defendía o escritor valenciano pasaba inexorablemente polo monolingüismo e o castelanismo dalgunhas comarcas historicamente valencianas non facía outra cousa que rachar a nación homoxénea que defendía.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Qüestió de noms Versión electrónica do libro en PDF (en catalán).