Q'orianka Kilcher

actriz estadounidense

Q'orianka Waira Qoiana Kilcher, nada en Schweigmatt (Alemaña) o 11 de febreiro de 1990, é unha actriz, bailarina e cantante estadounidense. Fíxose famosa pola súa interpretación de Pocahontas no filme The New World.

Q'orianka Kilcher
Nacemento11 de febreiro de 1990
LugarSchweigmatt
NacionalidadeEstados Unidos de América
Profesiónactriz, cantante, actriz de cinema, actriz de televisión e especialista de cinema
Na rede
IMDB: nm0452963 Allocine: 97832 Allmovie: p405504
Instagram: qorianka Spotify: 1tHm53NBBuFigo0RrjqDfe Musicbrainz: ac9346aa-285a-4aac-a289-15832ebd1646 Discogs: 6403675 WikiTree: Kilcher-26 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi criada en Hawai e posteriormente nos Ánxeles. Ten raíces suízo-peruanas. O seu pai (artista) pertence á cultura indíxena quechua-huachipaeri, mentres que a súa nai, Saskia Kilcher (activista dos dereitos humanos) é de ascendencia suíza, aínda que nada en Alasca. É prima segunda da cantante Jewel Kilcher. Ten dous irmáns, Kainoa Kilcher e Xihuaru Kilcher, que son actores e acróbatas. O seu avó materno foi o famoso montañeiro de Alasca Ray "Pirata" Gener, que faleceu de hipotermia mentres descendía do Monte Everest o 2 de outubro de 1979.

O seu nome, Q'orianka, significa "aguia de ouro" en quechua. Fala inglés e algo de alemán. Aprendeu tamén algunhas palabras da extinta lingua powhatan, unha lingua algonquina, pola súa participación no filme The New World.

Cando Kilcher tiña dous anos, ela e a súa nai mudáronse a Honolulú, Hawai, onde naceu o seu irmán Kainoa. O seu pai, de quen está distanciada, estivo ausente durante gran parte da súa vida. Ó medrar en Hawai adaptouse á cultura hawaiana local e comezou a bailar hula á idade de cinco anos. Tamén adestrou na danza tahitiana e de África Occidental, así como no ballet, hip hop e baile moderno. En 1997 gañou un premio no Ballet Xove de Hawai á idade de 7 anos.

Nos anos 1996 e 1997 foi seleccionada para competir no Concurso Internacional de Danza de Tahití en San José, California. Foi elixida tamén como membro das cantantes de Waikiki como soprano solista, interpretando a Misa de Schubert en G e nocturnos de Gian Carlo Menotti. Á idade de seis anos, Kilcher estudou canto clásico na Universidade de Hawai con Laurence Paxton e teatro con Bill Ogilvie.

En 1999, a súa nai múdase coa súa familia a California e Kilcher comeza a amosa-lo seu talento nas rúas Third Street Promenade en Santa Monica.

Ós nove anos, Kilcher foi elixida como "Choire Who" en How the Grinch Stole Christmas de Ron Howard. Ós doce anos, recibiu unha bolsa completa para o instituto de música de Hollywood, onde estudou interpretación vocal, teoría da música e composición. Tamén logrou o cinto negro en Wushu, Kung Fu e Stunt.

Con catorce anos, Q'orianka destacou entre ringleiras de novos actores coa súa interpretación de Pocahontas xunto a Colin Farrel e Christian Bale no filme The New World, dirixida por Terrence Malick e nomeada ó Oscar. A súa actuación valeulle numerosas nomeamentos e premios máis o filme estreouse en decembro do 2005 con críticas variadas e cunha recadación bruta relativamente baixa.

Por outra banda, o suposto amor entre Colin Farrel e unha novísima Kilcher de tan só catorce anos foi un tema delicado. Foi estudado por avogados que insistiron en que algunhas escenas foran tomadas novamente para cumprir coas leis de pornografía infantil.

No verán de 2006, comezou a filmar The Power of Few, que foi producido pola súa propia compañía. Neste filme desempeñou un papel principal como a princesa Kaʻiulani e nárrase a historia de como os Estados Unidos derrocan a monarquía en Hawai.

No 2009, levou a cabo The People Speak, un filme documental que emprega as representacións dramáticas e musicais das cartas, diarios e discursos dos estadounidenses tódolos días, sobre a base do historiador Howard Zinn.

Xa no 2010, Kilcher encarna a Kerrianne Larkin, filla de Chibs Telford e Larkin Fiona na serie de televisión Sons of Anarchy.

Activismo editar

Kilcher está comprometida coa defensa dos dereitos humanos e o activismo ambiental. Fala en nome de diversas causas para loitar pola xustiza co medio ambiente e os dereitos humanos básicos. Viaxa a miúdo para falar en eventos xuvenís, colexios e universidades e é unha oradora destacada de organizacións como Amnistía Internacional, o Foro Internacional sobre Globalización IFG e os debates das Nacións Unidas titulados: "Pobos Indíxenas: Dereitos Humanos, Dignidade e Desenvolvemento con Identidade", en colaboración coa Declaración sobre os Dereitos dos Pobos Indíxenas.

Tamén presta a súa voz, celebridade e enerxía como portavoz, colaboradora e partidaria de varias organizacións non gobernamentais internacionais e nacionais.

Forma parte dunha organización que tenta conectar os mozos de Hollywood cos líderes activistas xuvenís e proxectos de todo o mundo en apoio á sustentabilidade ambiental, responsabilidade corporativa e dereitos humanos básicos.

Ademais do activismo público, Kilcher é unha defensora do medio ambiente e apoia a condución con células de combustible de hidróxeno con cero emisións nos automóbiles.

O 11 de xuño de 2009 visitou Lima para apoiar os dereitos dos pobos indíxenas no Amazonas Bagua, no Perú. No 2007, gañou o premio Brower pola súa labor en convencer ó Occidental Petroleum de retirarse do val do Amazonas peruano. Recibiu tamén o premio Young Hollywood Green Award.

O 1 de xuño de 2010, Kilcher e a súa nai foron detidas despois de que Kilcher se encadeara ás portas fronte á Casa Branca en Washington, D.C., mentres a súa nai esparexía pintura negra a modo de petróleo. Por iso, foi acusada de conduta desordenada por protestar durante a reunión do presidente Barack Obama co presidente peruano Alan García.

Filmografía editar

Ano Filme Papel Director Notas
2000 How the Grinch Stole Christmas Membro do coro Ron Howard
2002 Madison Heights Maria Betancourt Sharon Miller, Keith Shelton
2005 The New World Pocahontas Terrence Malick
2009 The People Speak Ela mesma Tony Sacco Documental
2009 Princess Kaiulani Kaʻiulani Marc Forby
2010 A Yellow Raft in Blue Water Christine Taylor Sarah Knight Tamén produtora
2010 The Power of Few TBA Leone Marucci En produción, tamén produtora
2010 Untitled Q'orianka Kilcher Project Ela mesma Post-produción, tamén produtora, documental
2010 Sons Of Anarchy (Televisión) Kerrianne Larkin