Puzzle (álbum de Amiina)
Puzzle é o segundo álbum de estudio da banda islandesa de post-rock Amiina, publicado o 27 de setembro de 2010 a través do selo Amínamúsík Ehf. Este disco ten referencias do EP do grupo Re Minore, ao ser os temas "Ásinn", "Púsl" e "Sicsak" versións reelaboradas dos temas "Ásinn", "Þristurinn" e "Tvisturinn" dese lanzamento. Ademais, o tema "Mambó" é unha versión reelaborada de "Ammælis", do sinxelo "Seoul".
Puzzle | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Amiina | ||||
Publicado | 27 de setembro de 2010 | |||
Xénero(s) | post-rock | |||
Selo(s) | Amínamúsík Ehf. | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Como parte do paquete de reserva do disco a banda publicou un vídeo do grupo tocando o tema "Glámur" do seu anterior álbum, Kurr, no Reykjavík Arts Festival de 2008. Este concerto foi a primeira actuación do cuarteto orixinal con Magnús Trygvason Eliassen e Kippi Kaninus (Guðmundur Vignir Karlsson), marcando o inicio da súa colaboración.
Editáronse dous sinxelos co álbum: "Over & Again" publicouse no mes de maio de 2010 en CD e incluía tamén unha remestura de "Hemipode", realizada por Kippi Kaninus (orixinalmente do EP AnimaminA), e "What are we waiting for?", editado no mes de setembro como sinxelo dixital cos temas "What are we waiting for?", "Blauwber" e "Nebula".
Listaxe de cancións
editarN.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Ásinn" | 5:34 |
2. | "Over & Again" | 3:39 |
3. | "What are we waiting for?" | 5:28 |
4. | "Púsl" | 6:14 |
5. | "In the Sun" | 4:18 |
6. | "Mambó" | 4:56 |
7. | "Sicsak" | 6:55 |
8. | "Thoka" | 3:57 |