Pura Lorenzana
María Pura Lorenzana Prado, nada en Vilasante (O Saviñao) o 5 de febreiro de 1911 e finada en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1997, foi unha profesora e arqueóloga galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1911 Vilasante, España |
Morte | 1 de decembro de 1997 (86 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | catedrática de bacharelato (1941–), arqueóloga |
Traxectoria
editarEn 1925 matriculouse na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, sendo a primeira muller galega en facelo. Licenciouse en 1928 e despois doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid. En 1930 ingresou no Seminario de Estudos Galegos.[1] Participou nas investigacións sobre as medorras do Saviñao en campañas financiadas pola Comisión de Estudos en Galicia. Compartía o nacionalismo católico conservador de Vicente Risco, impartiu unha conferencia na sede da Xuventude Católica Feminina de Compostela que foi publicada en 1931 por Ánxel Casal. Instalada na dereita do galeguismo, a evolución dos acontecementos levouna a amparar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Profesora de Instituto en Tui e Ourense durante a guerra, exerceu diversos cargos políticos ao servizo do Goberno de Burgos: Depuradora das Bibliotecas Públicas, Delegada Provincial de Frontes e Hospitais e Organizadora dos servizos culturais do Fogar e do Ferido. En 1940 o Ministerio de Guerra do Goberno de Franco concedeulle a Medalla de Campaña de Retaguardia por méritos e servizos.[2]
Fundou o Instituto Rosalía de Castro en 1939, do que foi a súa primeira directora, permanecendo no posto quince anos. Finou en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1997.[3]
Notas
editar- ↑ Marco, Aurora. (2020). Irmandiñas. Santiago de Compostela, Galiza, U.E.: Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-466-9. OCLC 1190653388.
- ↑ Arqueólogas
- ↑ La Voz de Galicia, Santiago, 3-12-1997, p. 31
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Marco, Aurora (2020). Irmandiñas. Laiovento. pp. 217–223. ISBN 978-84-8487-466-9.