Punto de experiencia

Nos xogos de rol e nos videoxogos, a experiencia é un valor que os personaxes xogadores van acumulando a medida que participan en partidas e sesións de xogo, e representan o seu progreso no xogo. A razón de ser da representación da experiencia nos xogos de rol é bastante sinxela: cantas máis partidas xoga un xogador cun personaxe determinado, máis experiencia suponse que acumula ese personaxe.[1] O personaxe adquire entón habilidades novas ou perfecciona as que xa posúe. Cada sistema de xogo ten diferentes maneiras de representar o aumento de experiencia dos personaxes. Os dous métodos máis habituais son:

  • O director de xogo distribúe puntos de experiencia que incrementan as capacidades do personaxe.
  • As tiradas de experiencia, consiste nunha aventura gráfica o personaxe pode, por exemplo, ir colleitando obxectos ou informacións transmitidas por outros personaxes do xogo.[2]

Notas editar

  1. Marcelo Telles (01 de decembro de 2007). RedeRPG, ed. "Experiência e Tesouro". Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  2. Meer, Alec (2011-04-18). "Skyrim’s Levelling/Skills System Clarified". Rock, Paper, Shotgun (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2020.