Herba dos bofes

especie de planta
(Redirección desde «Pulmonaria officinalis»)
Herba dos bofes

Ilustración da herba dos bofes
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Boraginaceae
Subfamilia: Boraginoideae
Xénero: Pulmonaria
Especie: P. officinalis
Nome binomial
'Pulmonaria officinalis'
L., 1753

A herba dos bofes ou pulmonaria (Pulmonaria officinalis) é unha planta herbácea perenne da familia das boraxináceas (Boraginaceae), de follas pecioladas e flores en acios. Atópase nos claros dos bosques, nas zonas avesías. Utilízase en forma de infusión para o tratamento da tose, bronquite e dores de gorxa e afonía, ademais ten poder antiinflamatorio xa que contén salicina.

O nome botánico Pulmonaria deriva do latín pulmo. Nos tempos da maxia simpatética, as follas ovais manchadas de P. officinalis representaban a enfermidades simbólicas, pulmóns ulcerados, e por iso utilízase para tratar infeccións pulmonares. En moitos idiomas o seu nome común está asociado ao pulmón, como no galego: herba dos bofes (pulmóns dos animais), no inglés "lungwort", e no alemán "lungenkraut". Noutras linguas da Europa do Leste, o nome común deriva dunha palabra para mel, por exemplo en ruso "medunitza" ou en polonés "miodunka".

Distribución e hábitat editar

Espállase polo centro e occidente de Europa en zonas húmidas de cavorcos, abas, bosques de ribeira, noiros de camiños, terreos hermos e en bosques. Na Península Ibérica está amplamente espallada por todo o territorio en zonas húmidas até os altos vales dos Pireneos e doutras montañas

 
Pulmonaria officinalis detalle das flores.

Principios activos editar

Mucílagos; poligalacturonanos, arabinogalactanos, ramnogalacturonanos. Flavonoides: rutósido, isoquercitrósido, quercitrinósido, astragalósido, e os seus aglucons (quercetol e kaempferol). Alantoína. Rosaponina. Ácidos fenólicos (ácido ascórbico, ácido silícico, sales de potasio e calcio. Taninos. Alcaloides pirrolizidínicos.[1]

Virtudes editar

As partes aéreas da planta en floración apáñanse con fins medicinais (sumidades floridas e follas) cortándoas un pouco por riba do nivel do chan e se enxugan a unha temperatura non superior aos 45 °C.

Úsase en forma de infusión para o tratamento da tose, tose ferina, bronquite e as dores de gorxa e rouquén. Ademais é sudorífica, antiinflamatoria e diurética. A decocción ao 10 % emprégase coma desinfectante, emoliente e antiinflamatoria de feridas.

O cocemento dun bo feixe da planta deixando que ferva un cuarto de hora, tómase en catro cuncas ao día para facilitar a expectoración e fluidificar os esgarros.

Tamén se recomenda nas diarreas, hemorroides e afeccións da vexiga urinaria.

Historia editar

Esta planta, como outras que medran no Centro e Occidente de Europa, non figuran nos escritos da antigüidade. A primeira noticia sobre ela dáa Mattioli na súa obra na edición de 1548.

Taxonomía editar

Pulmonaria longifolia foi descrita por (Bastard) Boreau e publicada en Fl. Centre France, ed. 3 [Boreau] 2: 460. 1857[2]

Citoloxía

Número de cromosomas de Pulmonaria longifolia (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=14[3]

Etimoloxía

Pulmonaria; nome xenérico que deriva do latín pulmo. Nos tempos da maxia simpática, as follas ovais manchadas de P. officinalis representaban a enfermidades simbólicas, pulmóns ulcerados e, polo tanto, utilizábase para tratar infeccións pulmonares. En moitos idiomas o seu nome común está asociado ao pulmón, como en inglés "lungwort", en alemán "lungenkraut", ou en galego "herba dous bofos" (pulmóns dos animais). Noutras linguas da Europa do Leste, o nome común deriva dunha palabra para mel, e.x. en ruso "medunitza" e en polaco "miodunka".

longifolia: epíteto latíno que significa "con grandes follas"[4]

Sinonimia
  • Pulmonaria angustifolia auct. pro parte, non L.
  • Pulmonaria angustifolia L. subsp. longifolia (Bastard) P.Fourn.
  • Pulmonaria vulgaris auct. pro parte
  • Pulmonaria vulgaris Mérat pro parte[5]

Notas editar

  1. Bautista Peris, J.; Stübing G., Romo A. (2001). Plantas Medicinales de la Península Ibérica e Islas Baleares. Madrid:Jaguar. 
  2. "Pulmonaria longifolia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 22 de setembro de 2013. 
  3. Estudio cariológico de Boraginaceae españolas. IV. Luque, T. (1989) Bol. Soc. Brot. ser. 2 62: 211-220
  4. En Epítetos Botánicos
  5. "Pulmonaria longifolia". Flora Europaea. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar