Coordenadas: 42°23′00″N 2°07′00″L / 42.3832660904, 2.11679066241

O Puigmal, chamado tamén Puigmal d'Err na Alta Cerdaña, é a segunda montaña máis alta da provincia de Xirona (2.909,6 msnm), situada na fronteira de España con Francia.

O Puigmal visto desde Guils de Cerdanya.

Localizado entre os termos municipais de Queralbs (Ripollès, Xirona) e Err (Alta Cerdaña, Pireneos Orientais) é a máis alta dos cumes que configuran a denominada Gran Olla que rodea o Val de Núria. É unha cima ancha e redondeada; a súa ascensión é sinxela se as condicións climáticas non son moi adversas. No seu cume atópase unha cruz de ferro fraguado e unha placa con versos do pai Cinto Verdaguer.

Véxase tamén editar