Publicidade subliminar

Publicidade subliminar é a definición usada para toda mensaxe, composta por imaxes e por sons, que non pode ser captada directamente polos sentidos humanos. Subliminar é todo aquilo que está abaixo do limiar, a menor sensación detectábel conscientemente. É importante destacar que existen mensaxes que están abaixo da capacidade de detección humana. Esas mensaxes son imperceptíbeis, non debendo ser consideradas como subliminares. Toda mensaxe subliminar pode ser dividida en dúas características básicas: o seu grao de percepción e de persuasión.

Os humanos non teñen capacidade de seu para poder percibir a información á que fai referencia este tipo de publicidade mais o cerebro si que é capaz de percibir esta información, polo que é recibido de forma inconsciente e incita a mercar un determinado produto, unha marca; á necesidade de consumir ou de ter unha necesidade ou sentir algunha sensación, sempre de forma subconsciente.

  • Que sexa percibida dunha forma subconsciente provocou que, en España, dende 1988 a publicidade subliminar é considerada como ilícita.
  • Foi demostrado en diversos experimentos que a publicidade subliminar non é percibida dunha forma consciente polo 80% dos voluntarios sometidos a dita proba.