Pubilla Cases é un barrio da cidade de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona, que forma parte do Distrito V xunto co limítrofe barrio de Can Serra.

Modelo:Xeografía políticaPubilla Cases
Imaxe

Localización
Mapa
 41°22′27″N 2°06′09″L / 41.3741, 2.10258Coordenadas: 41°22′27″N 2°06′09″L / 41.3741, 2.10258
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloL'Hospitalet de Llobregat Editar o valor em Wikidata

Barrios de L'Hospitalet
Avinguda de Tomás Giménez

Limita ao norte co concello de Barcelona, ao oeste co de Esplugues de Llobregat, ao sur co barrio de Can Serra e ao leste cos barrios de Collblanc, La Florida e Les Planes. Os seus principais núcleos de actividade son as avenidas de Severo Ochoa e Tomás Giménez.

No barrio atópase un dos edificios máis emblemáticos da cidade, unha casa señorial que pertenceu a Josefa Casas Clavé, "la pubilla Casas", construída en 1771 e que hoxe en día alberga un centro de educación. Hai tamén un gran equipamento deportivo, o complexo educativo L'Hospitalet Nord, o antigo Hospital da Cruz Vermella e o actual Hospital Xeral de L'Hospitalet. Na Plaça de la Bòbila hai unha moderna biblioteca.

Transporte público editar

Está comunicado co metro de Barcelona a través das estacións Pubilla Cases e Can Vidalet da liña 5. Tamén hai dúas estacións do Trambaix: Can Rigal e Ca n'Oliveres. Tamén hai varias liñas de autobuses urbanas e interurbanas que comunican Pubilla Cases co resto de barrios de L'Hospitalet, con Barcelona e co Baix Llobregat.

Véxase tamén editar