Psophia

xénero de aves

O Psophia é un xénero que comprende varias especies, a máis coñecida é a denominada polos zoólogos Psophia crepitans. Ás veces é domesticada polos indíxenas de Venezuela e das Güianas e é coidada coas outras aves de curral. Reciben ese nome polo seu berro enxordecedor. É unha ave grande con pico longo e forte.

Psophia crepitans ou agamí

CuriosidadesEditar

É o único paxaro que fai o servizo de pegureiro pois úsase para coidar das galiñas, parrulos, do gando ovino ou similar. Os Psophia son verdadeiros paxaros pastores. Levan os rabaños ós pastos, gárdanos contra calquera ataque doutros animais, mantéñenos xuntos e ó serán condúcenos de novo á casa polo camiño máis recto. Ó parecer esta ave é tan garimosa como fiel. Cando ve ó seu amo ponse contentísima, facendo evolucións raras ó seu redor.