Prudencia Garrido Ameixenda
cantareira galega
Prudencia Garrido Ameixenda[1], tamén coñecida como Prudencia de Beán,[2] nada en Asalo (Mens, Malpica de Bergantiños) en 1905 e finada en 1993, foi unha cantareira galega.[1]
![]() Pandeireteiras de Mens na praza da Quintana (Santiago de Compostela) con Manuel Cajaraville, director da Agrupación Folklórica Aturuxo da Coruña. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 ![]() Asalo, España ![]() |
Morte | 1993 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | labrega ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Asunción Garrido Ameixenda ![]() |
Traxectoria
editarTraballou como labrega.[1] Xunto con súa irmá Asunción, Teresa García Prieto, Manuela Lema Villar, Teresa Lema Varela e Adela Rey Torrado formou parte das Pandeireteiras de Mens.[1] Tras coñecer a Manuel Cajaraville Pensado en 1972, acompañaron a Agrupación Folclórica Aturuxo por países europeos e americanos.[1]
Foi escollida, xunto con súa irmá Asunción, Teresa García, Manuela Lema, Adolfina Casás, Rosa Casás e Eva Castiñeira, como parte da candidatura das cantareiras para ser homenaxeada no Día das Letras Galegas 2025.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Boullón Agrelo, Ana. "Da tradición á vangarda". Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-02.
- ↑ Busto Miramontes, Beatriz (2021). "Pandereteiras de Mens". Consultado o 2025-01-02.
- ↑ As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025