Provincia de Qom

Qom (en persa: قم) é unha das 31 provincias de Irán. Sitúase no norte do país, e a súa capital é a cidade de Qom. Creouse en 1995, separándose da provincia de Teherán. En 2005, esta provincia tiña unha poboación de aproximadamente dous millóns de habitantes, dos cales o 91,2% residían en zonas urbanas e o 8,8% en zonas rurais. A provincia inclúe unha cidade, catro municipios, nove distritos rurais, e 256 poboacións.

استان قم
IranQom.svg
EstadoIrán Irán
CapitalQom
 • Total11526 km²
 • Total(2011) 1.151.672 hab.
 • Densidade100 hab./km²
Código ISOIR-QM

XeografíaEditar

Ocupa unha superficie de 11.237 km², o que supón o 0,89% da superficie total do Irán. O clima da provincia de Qom varía entre o desértico e o semidesértico, e comprende áreas con montañas, outeiros e planicies. Debido a que se localiza lonxe do mar e preto dunha rexión árida, presenta un clima seco, con escasa precipitación e baixa humidade. Por esta razón, a agricultura non é posible na maior parte do territorio, especialmente preto das rexións lacustres salinas. A provincia ten dous grandes lagos salgados, o lago Howz e Soltan, que queda 36 quilómetros ao norte da cidade de Qom, e o lago Namak, que se atopa a 80 quilómetros ao leste de Qom. Case un quinto do lago Namak encóntrase dentro da provincia de Qom.

Divisións administrativasEditar

De maneira única en Irán, a provincia de Qom é coextensiva co shahrestan de Qom (teñen a mesma extensión).

Mapa Shahrestan Clave mapa Bakhsh Centro
 
Qom Q Central Qom
j Jafar Abad
kh Khalajestan
n Nofel Loshato
s Salafchegan
Provincias veciñas: E: Esfahán, M: Markazi, S: Semnán, T: Teherán