Provincia de Manus
Manus é unha das provincias da Papúa Nova Guinea. Fica na rexión de Momase. Ten 2.100 km2 de área e 43.387 habitantes (censo de 2000). A súa capital é a cidade de Lorengau. É a máis pequena provincia do país en área.
A provincia está composta polas Illas do Almirantado, un grupo de 18 illas no arquipélago de Bismarck, e pola illa Wuvulu e atois próximos polo oeste. A maior das illas é a illa Manus, onde se sitúa Lorengau.