Provincia de Kii

provincia histórica do Xapón na illa de Honshu

Kii (紀伊国, きいのくに, Kii-no-kuni ou 紀伊, きい) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha maior parte da zona que hoxe forma a prefectura de Wakayama e unha pequena parte que forma a prefectura de Mie, historicamente na parte de Nankaidō, actualmente na rexión de Kinki, na illa de Honshū.

Antiga provincia de Kii.

Kii limitaba coas provincias de Izumi (和泉), Kawachi (河内), Yamato (大和) e Ise (伊勢).