Provincia de Iwami
Iwami (石見国, いわみのくに, Iwami-no-kuni ou 石見, いわみ) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma parte oeste da prefectura de Shimane, na rexión de Chūgoku, na illa de Honshū.
A capital estaba situada na cidade actual de Hamada, antigamente no distrito antigo de Naka.
Iwami limitaba coas provincias de Nagato (長門), de Suō (周防), de Aki (安芸), de Bingo (備後) e de Izumo (出雲).