Provincia de Granma

Estatísticas da Provincia de Granma
Capital: Bayamo
Superficie: 8,327 km²
Poboación: 833,600
Mara
Granma in Cuba.svg

Granma é unha das 14 provincias de Cuba. Esta xorde a raíz da última división político-administrativa, aprobada en novembro de 1976, e asume o seu novo nome en honra ao desembarco na praia Las Coloradas do Granma, iate usado polo Che Guevara e Fidel Castro para desembarcar en Cuba con outros guerrilleiros.

ConcellosEditar

A capital da provincia é Bayamo, considerada berce da nacionalidade cubana, ademais de ser unha das cidades máis importantes e ricas en historia xunto á cidade de Manzanillo, esta última a principal urbe industrial e reitora do desenvolvemento económico, social e cultural da provincia.

Ademais de Bayamo e Manzanillo a provincia de Granma está dividida en trece concellos:

  1. Bayamo
  2. Manzanillo
  3. Jiguaní
  4. Cauto Cristo
  5. Río Cauto
  6. Yara
  7. Guisa
  8. Buey Arriba
  9. Bartolomé Masó
  10. Campechuela
  11. Media Luna
  12. Niquero
  13. Pilón

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.