Áraba

provincia do País Vasco
(Redirección desde «Provincia de Áraba»)

Áraba,[1] segundo outras fontes Araba[2][3] ou Álava[4] (en éuscaro: Araba; en castelán: Álava, as dúas denominacións cooficiais),[5] é unha das tres provincias que conforman a comunidade autónoma do País Vasco (Euskadi en éuscaro), ademais de ser unha das sete provincias da rexión histórica do País Vasco. A súa capital é Vitoria, que é tamén capital da comunidade autónoma.

Modelo:Xeografía políticaÁraba
Araba (eu) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°50′00″N 2°45′00″O / 42.8333, -2.75Coordenadas: 42°50′00″N 2°45′00″O / 42.8333, -2.75
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco Editar o valor em Wikidata
CapitalVitoria Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación333.626 (2021) Editar o valor em Wikidata (109,85 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá
lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie3.037 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude650 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoGorbeia (1.482 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoLaudio (130 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoDeputación Foral de Áraba Editar o valor em Wikidata
• General Deputy of Araba (en) Traducir Editar o valor em WikidataRamiro González Vicente Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoXuntas Xerais de Álava , Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal01 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2ES-VI Editar o valor em Wikidata
Código NUTSES211 Editar o valor em Wikidata
Código INE01 Editar o valor em Wikidata

Páxina webaraba.eus Editar o valor em Wikidata
Situación en Euskal Herria.

A provincia ocupa unha área de 2.963 km², nos que vivían en 2007 un total de 305.459 habitantes, o que lle confería unha densidade de 103,09 hab/km². Entre as poboacións máis importantes de Áraba, á parte da capital, cómpre destacar Amurrio, Laudio, Agurain e Aiara.

Xeografía

editar
 
A serra Salvada no noroste de Áraba.

A provincia de Áraba é a única do País Vasco que carece de costa. Ao norte limita con Biscaia e Guipúscoa, ao oeste e suroeste coa provincia de Burgos e tamén co enclave de Orduña (administrativamente de Biscaia), ao sur coa Rioxa, e ao leste con Navarra. No seu interior limita tamén coa provincia de Burgos, xa que esta posúe nela un enclave, o Condado de Treviño.

Relevo

editar

O norte de Áraba é unha franxa montañosa con varias serras que se elevan por encima dos 1.000 m de altura, que marcan en boa medida os límites con Biscaia. Están poboadas de bosques, de tipo atlántico. Destacan as serras de Urkilla (co Aizkorri, 1544 m), Artabán, Gorbeia (1.482 no pico homónimo). Estas serras prolónganse parcialmente cara a occidente, nos límites coa provincia de Burgos: (serra Salvada, serra Garobe).

O centro do territorio, chairo, constitúe unha prolongación da Meseta Central, cunha altitude media duns 600 m. No sur sitúase a Rioxa arabesa, na conca do río Ebro, que se abre paso entre os primeiros cordais do Sistema Ibérico (serra de Toloño, serra de Cantabria, serra de Codés), nos lindes coas comunidades da Rioxa e Navarra.

Hidrografía

editar

A maior parte do territorio arabés está incluído na conca do río Ebro, que polo sur serve, en parte, de límita coa provincia de Burgos, durante uns 100 km. Os ríos Omecillo, Bayas, Zadorra e Ayuda, son os seus principais afluentes, e únense a el pola dereita.

O noroeste da provincia, está drenado polo río Nervión e afluentes, que pertencen á vertente cantábrica.

Boa parte da provincia recibe a influencia do clima oceánico (800 mm de precipitacións, 12 °C de temperatura media), o que permite que plantas como a faia penetren até o sur. No val do Ebro, porén séntese a infliencia mediterránea.

División administrativa

editar
 
Vista da Llanada de Áraba, con Vitoria no centro.
Artigo principal: Cuadrillas de Áraba.

Áraba está dividida administrativamente en sete cuadrillas (vasco kuadrilak, pl. de kuadrila):

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arabés.
  2. Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. ISBN 9788482893600. 
  3. Goretti Sanmartín et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. 
  4. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 102. ISBN 84-8158-266-2. 
  5. Lei 19/2011, de 5 de xullo, pola que pasan a denominarse oficialmente "Araba/Álava", "Gipuzkoa" e "Bizkaia" as demarcacións provinciais chamadas anteriormente "Álava", "Guipúzcoa" e "Vizcaya"

Véxase tamén

editar