Abrir o menú principal
Providenciales
Vista da illa
Datos
Capital
País Reino Unido
Localización Mar Caribe
Arquipélago Turks e Caicos
Linguas
Poboación (2009) 30.542 hab.
Superficie 98 km²
Densidade
Coordenadas 21°47′N 72°17′O / 21.783, -72.283
Maior Altura 49 m. Blue Hills
Localización
Localización da illa

Providenciales, coñecida como "Provo", é unha illa pertencente ás Illas Turks e Caicos. Ten unha extensión de 98 km² e nela viven 30.542 persoas, sendo a illa con máis poboación e a terceira en extensión do país. Con extensas praias e arrecife de coral é un destino turístico de luxo, se enorgullece de contar con 350 días de sol ao ano.

Providenciales antes de 1960 só contaba cuns 500 habitantes. Desde 1966 unha empresa arrendoulle as terras ao Estado. Como resultado, a illa Providenciales é a maís poblada e desenvolvida das illas Turks e Caicos. Provo é o centro comercial e turístico da zona. O aeroporto internacional de Providenciales é o máis grande aeroporto internacional das illas Turks e Caicos, servindo as cinco illas.

As cidades máis grandes en Providenciales son Five Cays, Honda Road, The Bight e Wheeland.