Marcel Proust

escritor francés que cultivou tanto a novela coma o ensaio
(Redirección desde «Proust»)

Valentin Louis Georges Eugène Marcel Proust, nado en París o 10 de xullo de 1871 e finado na mesma cidade o 18 de novembro de 1922, foi un escritor francés que cultivou tanto a novela coma o ensaio. A súa obra máis coñecida e Á busca do tempo perdido[1] (en francés: À la recherche du temps perdu), unha colección de sete novelas escritas entre 1908 e 1922 e publicadas entre 1913 e 1927; das sete, as tres últimas son póstumas. Traballou na obra ata a extenuación e morreu de esgotamento por mor dunha bronquite mal curada. É considerado pola crítica e polos escritores como un dos autores máis influentes do século XX.[2][3]

Infotaula de personaMarcel Proust

Marcel Proust no ano 1895
Biografía
Nacemento(fr) Valentin Louis Georges Eugène Marcel Proust Editar o valor em Wikidata
10 de xullo de 1871
París, Francia
Morte18 de novembro de 1922
(51 anos)
París, Francia
Causa da mortePneumonía Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 85 48°51′47″N 2°23′42″L / 48.863071, 2.394975
Marcel Proust's tomb (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Libre des Sciences Politiques (en) Traducir
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París (1886–1922)
Dordrecht Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnovelista , crítico literario , poeta , escritor , ensaísta , prosista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela, ensaio, crítica.
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaisAdrien Proust (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Jeanne-Clémence Proust (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRobert Proust (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
21 de novembro de 1922Funeral (Église Saint-Pierre-de-Chaillot (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0698969 IBDB: 79602
Facebook: MarcelProustAuthor Bitraga: 3258 Dialnet: 1110323 Musicbrainz: 90c1a0cf-6822-46c7-8bc6-5a158e8a0d13 Discogs: 1371481 WikiTree: Proust-21 Find a Grave: 841 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Infancia editar

 
Robert e Marcel (dereita) Proust no ano 1877.

Marcel Proust naceu en París, no barrio de Auteuil (o actual distrito 16.to). Foi o fillo máis vello dun prestixioso médico, Adrien Proust, famoso epidemiólogo francés, profesor na Facultade de Medicina de París e conselleiro do goberno en materia de sanidade, e de Jeanne Clemence Weil, xudía alsaciana[4] neta dun antigo ministro de xustiza, quen, posuidora dunha vasta cultura, foi determinante en canto á vocación literaria de Proust; a ela dedicou este o seu máis intenso afecto durante toda a súa vida. Proust foi criado na fe católica do seu pai.[5] Foi bautizado o 5 de agosto de 1871 na igrexa de Saint-Louis d'Antin, mais nunca practicou formalmente a súa fe. Posteriormente converteuse ó ateísmo e era algo místico.[6][7]

A característica fraxilidade e hipersensibilidade de Proust provén dende o mesmo nacemento e primeiros anos, polo que medrou entre continuas atencións da súa nai:

O neno (...) naceu tan débil que o pai temeu que non sobrevivise. Aplicáronselle toda clase de remedios. Tiña os signos dunha intelixencia e unha sensibilidade precoces, pero a súa saúde permanecería delicada.[8]

Por outra banda, Adrien e Jeanne tiveron un segundo fillo, Robert, nado en 1873, que, a diferenza de Marcel, satisfixo os propósitos do seu pai respecto do futuro profesional da súa prole, pois foi un cirurxián exitoso, polo que Proust puido esquivar ben pronto a presión familiar e converterse nun home de letras.

A familia de Proust adoitaba viaxar dende Auteuil ata a casa dos seus tíos Amiot e Elisabeth Proust, irmá de Adrien, na tempada de Pascua. A casa atopábase en Illiers, a vila do pai, a uns 25 quilómetros de Chartres. Mentres que en Auteuil, cerca do Bois de Boulogne, ademais de en Cabourg e en Trouville inspiraríase Proust para crear o Balbec da À la recherche..., Illiers foi o modelo para o imaxinario Combray. Tanto é así que, en 1971, Illiers foi rebautizada Illiers-Combray en honor de Proust, e alí acoden, case en procesión relixiosa, os fieis proustianos a tomar unha cunca de con madalenas para recordar a famosa pasaxe de Pola banda de Swann.[1]

Marcel, neno débil, sufría especialmente durante a primavera, pois o pole liberado polas flores nos primeiros días da estación provocáballe crise de asma. Cara a 1880, cando contaba só nove anos, Proust sofre a súa primeira crise de gravidade ao volver dun paseo polo Bois de Boulogne xunto aos seus pais: afoga e a respiración non lle volve, o seu pai creo morto e só in extremis logra salvarse. Como consecuencia, as visitas a Illiers redúcense ata o punto de suspenderse, o que fixo a Proust ver a Illiers sempre como un paraíso perdido. A súa asistencia ao colexio resultou irregular; nin alí nin logo no liceo Condorcet sería considerado un estudante de demasiado proveito por mor da súa enfermidade. Malia isto, foi excelente en literatura, recibindo un premio no seu derradeiro ano. Grazas ós seus compañeiros de clase, tivo acceso a algúns dos salóns da alta burguesía, o cal lle proporcionou moito material para Á busca do tempo perdido.[9]

Adolescencia e xuventude editar

 
Marcel Proust fotografado en 1887, á idade de 15 anos.

Cursou a ensinanza secundaria no Liceo Condorcet, obtendo excelentes cualificacións e desenvolvendo a súa vocación polas letras. No ano 1889, tras cumprir o Servizo Militar en Orleáns, comezou a asistir a clases na Universidade da Sorbona e na École Libre des Sciences Politiques. Nestes anos descartara a opción da carreira diplomática decantándose finalmente pola literatura, e entrando a traballar durante un tempo na Biblioteca Mazarino de París. Frecuentou os salóns literarios da princesa Mathilde, Madame Strauss ou Madame de Caillavet, onde coñeceu a Charles Maurras, Anatole France ou Léon Daudet entre outros.

En 1894, publicou Les plaisirs et les jours, unha recompilación de poemas en prosa que prologou Anatole France, retratos e narracións nun estilo decadentista; o libro pasou case desapercibido e proporcionoulle a Proust unha reputación de mundano e diletante que non se desvaneceu ata a publicación dos primeiros volumes da obra Á busca do tempo perdido. Fixo amizade con Robert de Montesquiou, e grazas a el introdúcese entre 1894 e 1900 nos círculos dos salóns máis aristocráticos. A partir do verán de 1895, emprendeu a redacción dunha novela co título póstumo Jean Santeuil, o nome do protagonista, unha colección de fragmentos pero non unha obra terminada, na que evocou todo o caso Dreyfus, no que tomou parte activa. Estudou o esteta inglés John Ruskin, intelectual que prohibira que se traducisen os seus libros en vida; ao morrer Ruskin en 1900, Proust púxose a traducir ao francés La Bible d'Amiens e Sésame et les lys.[10] Con esta intención, emprendeu varias "peregrinacións ruskinianas" no norte de Francia, en Amiens e sobre todo a Venecia. Máis adiante, distanciaríase del afirmando que apreciar unha obra porque un determinado escritor fala dela é pervertir a arte: hai que estimar a obra en si mesma.

Adultez editar

Trala morte da súa nai en 1905 agraváronse os problemas de asma, caendo tamén nunha profunda depresión, foi esta a época na que decidiu escribir unha das súas obras capitais, Á busca do tempo perdido, un ciclo novelesco que concibiu como a historia da súa vocación, tanto tempo postergada. Anteriormente escribira para Le Figaro diversas parodias de escritores famosos (Balzac, Flaubert...) e comezara Contre Sainte-Beuve, a cabalo entre a novela e o ensaio e con pasaxes que despois pasarían a Á busca do tempo perdido.

A primeira obra da serie, Pola banda de Swann,[1] Du côté de chez Swann, foi publicada en 1913 e costeada por el mesmo ante o desinterese dos editores. A segunda entrega, À l'ombre des jeunes filles en fleur, foi editada en 1918 e tivo unha grande acollida, gañando o Premio Goncourt. O resto de volumes da serie foron publicados de maneira póstuma entre 1922 e 1927 polo seu irmán, Robert.

O recoñecemento da crítica non foi inmediato, xa que o primeiro tomo foi rexeitado por varias editoriais, entre elas Nouvelle Revue française (NRF). Nun comezo, André Gide non estaba entusiasmado co seu traballo. De feito, o primeiro volume foi rexeitado pola editorial Gallimard seguindo o consello de Gide. Posteriormente, escribiría a Proust lamentándose por este feito e chamándoo un dos maiores erros da súa vida.[11] En xaneiro de 1914, André Gide escribiu unha soada carta dirixida a Marcel Proust:

"Dende hai varios días non abandono o seu libro; énchome nel con deleite, mergúllome nas súas páxinas. Triste de min! Por que me resulta tan doloroso amalo tanto?... Rexeitar este libro quedará para sempre como o máis grave erro da NFR, e (como teño a vergoña de ser en gran parte o responsábel disto) unha das tristezas, dos remorsos máis dolorosos da miña vida..."
 
Tumba de Marcel Proust no cemiterio do Père Lachaise.

Proust dedicou os derradeiros tres anos da súa vida confinado na súa habitación, durmindo durante o día e traballando pola noite para rematar a súa novela.[12] Morreu de pneumonía e dun absceso pulmonar en 1922. Foi enterrado no Cemiterio do Père-Lachaise en París.[13]

Á busca do tempo perdido editar

Artigo principal: Á busca do tempo perdido.
 
Principais personaxes de Á busca do tempo perdido.

Comezada en 1909, Á busca do tempo perdido, consiste en 7 volumes que suman máis de 3 200 páxinas e 2.000 personaxes. Graham Greene cualificou a Proust como o máis grande novelista do século XX,[14] e W. Somerset Maugham referiuse á súa novela como a mellor obra de ficción ata a data. Pola súa banda, Virginia Woolf afirmou: Se eu puidese escribir así!. En España, Azorín foi grande admirador de Marcel Proust.

A novela, que Proust comparou coa estrutura dunha catedral gótica, é unha reconstrución dunha vida a través dunha memoria involuntaria. O tempo ao que se refire Proust é o tempo vivido, pero non lineal senón a través do recordo coas súas digresións, saltos e lagoas, polo que a novela adquire unha estrutura labiríntica. O estilo xeral da novela de Proust é unha sintaxe bastante complexa, un léxico amplo, unhas frases longas e coa oralidade sometida ao estilo literario.

Quizais a maior dificultade que atopa o lector desta obra sexa a extensión de moitas das súas frases, cheas de múltiples incisos e sen apenas algunha pausa na que o lector poida recuperar o bafo. A máis longa de todas elas ten unha lonxitude de varios metros.

Vida persoal editar

Proust era homosexual, e a súa sexualidade e as relacións con homes son obxecto de debate dos seus biógrafos.[15] Malia que a súa ama de chaves, Céleste Albaret, nega este aspecto da sexualidade de Proust nas súas memorias,[16] a súa negación é contraria ás declaracións de moitos dos amigos e contemporáneos de Proust, incluíndo o seu compañeiro escritor André Gide[17] así como o seu axudante Ernest A. Forssgren.[18]

Proust nunca admitiu abertamente a súa homosexualidade, aínda que a súa familia e amigos achegados sabíano ou sospeitábano. En 1897, mesmo combateu en duelo co escritor Jean Lorrain, quen cuestionou publicamente a natureza da relación de Proust con Lucien Daudet (ámbolos dous duelistas sobreviviron).[19] Malia a negación pública de Proust, a súa relación romántica co compositor Reynaldo Hahn,[20] e o namoro co seu chófer e secretario Alfred Agostinelli están ben documentados.[21] O 11 de xaneiro de 1918, Proust foi un dos homes identificados pola policía nunha redada ó bordel masculino dirixido por Albert Le Cuziat.[22] Un amigo de Proust, o poeta Paul Morand, burlouse publicamente das visitas de Proust a prostitutos. No seu xornal, Morand fala de Proust e de Gide, como “cazando constantemente, nunca saciados polas súas aventuras... merodeadores eternos, aventureiros sexuais incansables."[23]

O grao de influencia da sexualidade de Proust na súa escrita é un tema a debate.[24] Porén, Á busca do tempo perdido analiza a homosexualidade en detalle e presenta varios personaxes principais, tanto homes coma mulleres, que son homosexuais ou bisexuais: o Barón de Charlus, Robert de Saint-Loup e Albertine Simonet.[25] A homosexualidade tamén aparece como tema en Les plaisirs et les jours e na súa novela non rematada, Jean Santeuil.

Proust herdou gran parte da ideoloxía política da súa nai, que apoiaba a Terceira República Francesa e estaba próxima ó centro liberal da política francesa.[26] Nun artigo de 1892 publicado en Le Banquet e titulado "L'Irréligion d'État", Proust condenou as medidas anticlericais extremas, como a expulsión dos monxes, observando que "un podería sorprenderse de que a negación da relixión traia como consecuencia o mesmo fanatismo, intolerancia e persecución que a relixión mesma".[26][27] Argumentou que o socialismo representaba unha ameaza maior para a sociedade que a Igrexa.[26] Reflexionando sobre o tema outra vez no ano 1904, no artigo "La mort des cathédrales" Proust escribiu que os seus temores sobre o destino da cultura francesa diminuíran a medida que os deputados anticlericais se aliaban co clero cando se enfrontaban á agresión alemá.[26] Proust sempre rexeitou os puntos de vista intolerantes e non liberais que albergaban moitos sacerdotes daquela época, mais cría que os cregos máis ilustrados podían ser tan progresistas como os secularistas máis ilustrados, e que ámbolos dous poderían servir á causa da "República liberal avanzada".[28]

Proust foi un dos primeiros en apoiar a Dreyfus, asistinto incluso ó xuízo de Émile Zola e proclamando orgullosamente ter sido quen lle pediu a Anatole France que asinase a petición de apoio á inocencia de Dreyfus.[29] En 1919, cando os representantes de Action Française de dereitas publicaron un manifesto a prol do colonialismo francés e da Igrexa católica como a encarnación dos valores civilizados, Proust rexeitou o seu nacionalismo e chauvinismo e mosouse a prol dunha visión liberal pluralista que reconocese o legado cultural do cristianismo en Francia.[26] Julien Benda eloxiou a Proust en La Trahison des clercs como un escritor que se distinguía da súa xeración ó evitar as trampas xemelgas do nacionalismo e do sectarismo de clase.[26]

Obras editar

 
Tomo VI (La prisonière) de Á busca do tempo perdido (1923).
  • Les plaisirs et les jours (1896)
  • La mort des cathédrales (A morte das catedrais, 1904)
  • À la recherche du temps perdu (Á busca do tempo perdido[30], 1913-1927)
    • Du côté de chez Swann (Pola banda de Swann,[1] 1913)
    • À l'ombre des jeunes filles en fleur (Á sombra das rapazas en flor, 1919)
    • Le côté de Guermantes (O mundo de Guermantes1921-1922)
    • Sodome et Gomorrhe (Sodoma e Gomorra1922-1923)
    • La prisonière (A prisioneira, 1923)
    • Albertine disparue (A fuxitiva, 1927)
    • Le temps retrouvé (O tempo recuperado, 1927)
  • Pastiches et mélanges (1919)
  • Chroniques (1927)
  • Jean Santeuil (1952)
  • Contre Saint-Beuve (1954)
  • Sur la lecture. Journées de lecture (1905 e 1907), existe versión en galego co título Sobre a lectura seguido de Días de lectura, tradución, edición e introdución de Carlos Lema; Editorial Trifolium, 2011. (ISBN 978-84-938669-2-1)
  • Correspondencia, recompilación en vinte e un tomos por Philip Kolb (1971-1993)
  • Chardin et Rembrandt (2009)
  • Le Mensuel retrouvé (2012)

Traducións editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "La Voz ofrece mañá «Pola banda de Swann», de Marcel Proust" (en castelán). 2 de outubro do 2005. Arquivado dende o orixinal o 12/03/2016. Consultado o 4 de xaneiro do 2016. 
  2. Harold Bloom, Genius, pp. 191–225.
  3. New York Times (ed.). "Marcel Proust". Consultado o 13 de outubro de 2016. 
  4. Allan Massie – Madame Proust: A Biography By Evelyne Bloch-Dano, translated by Alice Kaplan Arquivado 12 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. – Literary Review.
  5. "NYSL TRAVELS: París: Proust's Time Regained". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 02 de setembro de 2019. 
  6. Edmund White (2009). Marcel Proust: A Life. Penguin. ISBN 9780143114987. "Marcel Proust was the son of a Christian father and a Jewish mother. He himself was baptized (o 5 de agosto de 1871, at the church of Saint-Louis d'Antin) and later confirmed as a Catholic, but he never practised that faith and as an adult could best be described as a mystical atheist, someone imbued with spirituality who nonetheless did not believe in a personal God, much less in a savior."
  7. Proust, Marcel (1999). The Oxford dictionary of quotations. Oxford University Press. p. 594. ISBN 978-0-19-860173-9. "...the highest praise of God consists in the denial of him by the atheist who finds creation so perfect that it can dispense with a creator."
  8. Georges Cattaui, « Proust », Dictionnaire des auteurs Laffont-Bompiani, t. III, 1990, p. 793 (ISBN 2221501748).
  9. Painter, George D. (1959) Marcel Proust: a biography; Vols. 1 & 2. Londres: Chatto & Windus
  10. Tadié, J-Y. (Euan Cameron, trans.) Marcel Proust: A life. Nova York: Penguin Putnam, 2000.
  11. Tadié, J-Y. (Euan Cameron, trans.) Marcel Proust: A Life. p. 611
  12. Marcel Proust: Revolt against the Tyranny of Time. Harry Slochower .The Sewanee Review, 1943.
  13. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 38123-38124). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.
  14. White, Edmund (1999). Marcel Proust, a life. Penguin. p. 2. ISBN 9780143114987. 
  15. Painter (1959), White (1998), Tadié (2000), Carter (2002 e 2006)
  16. Albaret (2003)
  17. Harris (2002)
  18. Forssgren (2006)
  19. Hall, Sean Charles (12 de febreiro de 2012). "Dueling Dandies: How Men Of Style Displayed a Blasé Demeanor In the Face of Death". Dandyism. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 02 de setembro de 2019. 
  20. Carter, William C. (2006). Proust in Love. YaleUniversity Press. pp. 31–35. ISBN 0-300-10812-5. 
  21. Whitaker, Rick (1 de xuño de 2000). Salon, ed. "Proust's dearest pleasures: The best of a slew of recent biographies points to the author's conscious self-closeting". 
  22. *Laure Murat. "Proust, Marcel, 46 ans, rentier: Un individu 'aux allures de pédéraste' fiche à la police", La Revue littéraire 14: 82-93, (maio de 2005); Carter (2006)
  23. Paul Morand. Journal inutile, tome 2 : 1973 - 1976, ed. Laurent Boyer e Véronique Boyer. París: Gallimard, 2001; Carter (2006)
  24. Sedgwick (1992); O'Brien (1949)
  25. Sedgwick (1992); Ladenson (1999); Bersani (2013)
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 26,4 26,5 Hughes, Edward J. (2011). Proust, Class, and Nation. Oxford University Press. pp. 19–46. 
  27. Carter, William C. (2013). Marcel Proust: A Life, with a New Preface by the Author. Yale University Press. p. 346. 
  28. Sprinker, Michael (1998). History and Ideology in Proust: A la Recherche Du Temps Perdu and the Third French Republic. Verso. pp. 45–46. 
  29. Bales, Richard (2001). The Cambridge Companion to Proust. Cambridge University Press. p. 21. 
  30. "Título empregado na tradución a galego da obra" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de maio de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aciman, André (2004), The Proust Project. Nova York: Farrar, Straus and Giroux
  • Adorno, Theodor (1967), Prisms. Cambridge, Massachusetts: MIT Press
  • Adorno, Theodor, "Short Commentaries on Proust," Notes to Literature, trans. S. Weber-Nicholsen (Nova York: Columbia University Press, 1991).
  • Albaret, Céleste (Barbara Bray, trans.) (2003), Monsieur Proust. Nova York: The New York Review of Books
  • Beckett, Samuel, Proust, Londres: Calder
  • Benjamin, Walter, "The Image of Proust," Illuminations, trans. Harry Zohn (Nova York: Schocken Books, 1969); pp. 201–215.
  • Bernard, Anne-Marie (2002), The World of Proust, as seen by Paul Nadar. Cambridge, Massachusetts: MIT Press
  • Bersani, Leo, Marcel Proust: The Fictions of Life and of Art (2013), Oxford: Oxford U. Press
  • Bowie, Malcolm, Proust Among the Stars, Londres: Harper Collins
  • Capetanakis, Demetrios, "A Lecture on Proust", in Demetrios Capetanakis A Greek Poet in England (1947)
  • Carter, William C. (2002), Marcel Proust: a life. New Haven: Yale University Press
  • Carter, William C. (2006), Proust in Love. New Haven: Yale University Press
  • Chardin, Philippe (2006), Proust ou le bonheur du petit personnage qui compare. París: Honoré Champion
  • Chardin, Philippe et alii (2010), Originalités proustiennes. París: Kimé
  • Compagnon, Antoine, Proust Between Two Centuries, Columbia U. Press
  • Davenport-Hines, Richard (2006), A Night at the Majestic. Londres: Faber and Faber ISBN 9780571220090
  • De Botton, Alain (1998), How Proust Can Change Your Life. Nova York: Vintage Books
  • Deleuze, Gilles (2004), Proust and Signs: the complete text. Minneapolis: University of Minnesota Press
  • De Man, Paul (1979), Allegories of Reading: Figural Language in Rousseau, Nietzsche, Rilke, and Proust ISBN 0-300-02845-8
  • Descombes, Vincent, Proust: Philosophy of the Novel. Stanford, CA: Stanford U. Press
  • Forssgren, Ernest A. (William C. Carter, ed.) (2006), The Memoirs of Ernest A. Forssgren: Proust’s Swedish Valet. New Haven: Yale University Press
  • Genette, Gérard, Narrative Discourse: An Essay in Method. Ithaca, NY: Cornell U. Press
  • Gracq, Julien, "Proust Considered as An End Point," in Reading Writing (Nova York: Turtle Point Press,), 113–130.
  • Green, F. C. The Mind of Proust (1949)
  • Harris, Frederick J. (2002), Friend and Foe: Marcel Proust and André Gide. Lanham: University Press of America
  • Hillerin, Laure La comtesse Greffulhe, L'ombre des GuermantesArquivado 19 de outubro de 2014 en Wayback Machine., París, Flammarion, 2014. Part V, La Chambre Noire des Guermantes. About Marcel Proust and comtesse Greffulhe's relationship, and the key role she played in the genesis of La Recherche.
  • Karlin, Daniel (2005), Proust's English. Oxford: Oxford University Press ISBN 978-0199256884
  • Kristeva, Julia, Time and Sense. Proust and the Experience of Literature. Nova York: Columbia U. Press, 1996
  • Ladenson, Elisabeth (1991), Proust’s Lesbianism. Ithaca, NY: Cornell U. Press
  • Landy, Joshua, Philosophy as Fiction: Self, Deception, and Knowledge in Proust. Oxford: Oxford U. Press
  • O'Brien, Justin. "Albertine the Ambiguous: Notes on Proust's Transposition of Sexes", PMLA 64: 933–52, 1949
  • Painter, George D. (1959), Marcel Proust: a biography; Vols. 1 & 2. Londres: Chatto & Windus
  • Poulet, Georges, Proustian Space. Baltimore: Johns Hopkins U. Press
  • Prendergast, Christopher Mirages and Mad Beliefs: Proust the Skeptic ISBN 9780691155203
  • Sedgwick, Eve Kosofsky (1992), "Epistemology of the Closet". Berkeley: University of California Press
  • Shattuck, Roger (1963), Proust's Binoculars: a study of memory, time, and recognition in "À la recherche du temps perdu". Nova York: Random House
  • Spitzer, Leo, "Proust's Style," [1928] in Essays in Stylistics (Princeton, Princeton U. P., 1948).
  • Shattuck, Roger (2000), Proust's Way: a field guide to "In Search of Lost Time". Nova York: W. W. Norton
  • Tadié, Jean-Yves (2000), Marcel Proust: A Life. Nova York: Viking
  • White, Edmund (1998), Marcel Proust. Nova York: Viking Books

Ligazóns externas editar