O propulsor beta (beta-propeller) é un tipo de estrutura todo β caracterizado por presentar de 4 a 8 follas beta dispostas arredor dun eixe central toroidalmente. Cada folla ten tipicamente catro cadeas β antiparalelas xiradas de tal xeito que a primeira e a cuarta cadeas quedan case perpendiculares entre si. O sitio activo do encima atópase a miúdo na fenda formada no centro do propulsor polos bucles que conectan os motivos sucesivos de catro follas.

Dominio WD, repetición G-beta. Diagrama de fitas do dominio C-terminal WD40 do correpresor transcricional Tup1 de lévedos, o cal adopta un pregamento en propulsor beta de 7 láminas. A fita está coloreada desde o azul no extremo N-terminal ao vermello no extremo C-terminal. PDB PDBe 1erj [1]

Aínda que "propulsor" aquí se refire a que ten forma de hélice, cómpre distinguir entre propulsor beta (beta-propeller) e hélice beta (beta-helix), que son dúas estruturas diferentes.

Exemplos

editar

A proteína neuramidase viral do virus da gripe (influenza) é unha proteína coa estrutura propulsor beta de seis follas, cuxa forma activa é un tetrámero. É unha das dúas proteínas presentes na envoltura viral e cataliza o corte dos residuos de ácido siálico das proteínas da membrana celular para axudar a formar as dianas de membrana ás que se unirán os virións fillos en células aínda non infectadas.

Outro exemplo son as repeticións WD40, tamén coñecidas como repeticións de transducina beta. Son curtos fragmentos que se atopan principalmente en proteínas de eucariotas. Xeralmente están ensambladas formando un dominio estrutural de 4 a 16 unidades repetidas, que é esencial para as interaccións proteína-proteína nas que interveñen.

  1. Elizabeth R. Sprague, Michael J. Redd, Alexander D. Johnson, and Cynthia Wolberger. Structure of the C-terminal domain of Tup1, a corepressor of transcription in yeast. EMBO J. 2000 June 15; 19(12): 3016–3027. doi: 10.1093/emboj/19.12.3016 PMCID: PMC203344. [1] PMID 10856245
  • Branden C, Tooze J. (1999). Introduction to Protein Structure, segunda ed. Garland Publishing: Nova York, NY.
  • Neer EJ, Schmidt CJ, Nambudripad R, Smith TF. (1994). The ancient regulatory-protein family of WD-repeat proteins. Nature 371(6495):297-300.
  • Smith TF, Gaitatzes C, Saxena K e Neer EJ. (1999) "The WD repeat: a common architecture for diverse functions", TIBS, 24, 181-185.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar