Promoción de ascenso a Segunda División 2021

fase de ascenso a Segunda División

A promoción de ascenso a Segunda División 2021, correspondente á tempada 2020/21 da Segunda División B, disputouse entre o 15 e o 23 de maio de 2021. Foi a última promoción disputada dende a Segunda División B, que nesta tempada celebrou a súa derradeira edición. A próxima tempada será disputada por equipos da Primeira División RFEF.

Participaron 16 equipos, dos cales ascenderon catro: Real Sociedad B, SD Amorebieta, UD Ibiza e Burgos CF.

Equipos clasificados editar

Equipos clasificados para a promoción de ascenso a Segunda División.

Pos Grupo 1 Grupo 2 Grupo 3 Grupo 4 Grupo 5
  Burgos CF   Real Sociedad B   UD Ibiza   Linares Deportivo   CD Badajoz
  Celta de Vigo B   Bilbao Athletic   F. C. Barcelona B   UCAM Murcia CF   UD San Sebastián de los Reyes
  Zamora CF   SD Amorebieta   FC Andorra   Algeciras CF   Real Madrid Castilla
  CD Calahorra
En negra, equipos que ascenden a Segunda División

Sistema de competición editar

Por última vez catro equipos ascenderon desde Segunda División B a Segunda División, xa que na tempada 2021/22 a promoción xogarase na Primeira División RFEF. A competición por esas prazas quedou reservada esta tempada aos tres primeiros clasificados de cada un dos cinco grupos que conformaron toda a Segunda División B, así como ao mellor cuarto clasificado que foi resolto por unha puntuación final baseada en coeficientes. Ao ser grupos impares esta tempada eliminouse a ruta de campións que daba unha dobre oportunidade de ascenso aos equipos que eran campións de grupo.

Despois dunha tempada marcada polas limitacións derivadas da pandemia de COVID-19, a RFEF decidiu levar a cabo a promoción nun formato similar á tempada anterior.[1] Desenvolveuse a través dun sistema de eliminatorias, a partido único. Tivo lugar en Estremadura, en formato de concentración, e consistiu en dúas eliminatorias nas que os partidos se determinaron por sorteo, enfrontando a aqueles que tiveron unha mellor clasificación contra os que tiveron unha clasificación peor, evitando, na medida do posible, que se enfrontasen dous equipos do mesmo grupo.

Nos casos de empate xogáronse prórrogas, e en caso de persistir o empate, pasou o equipo mellor clasificado na fase regular, con quenda de penaltis no caso de que os dous equipos rematasen na mesma posición.[1]

Os catro clubs gañadores da segunda volta ascenderon a Segunda División. Os restantes clubs quedaron adscritos á nova Primeira División RFEF da seguinte tempada.

Sedes editar

Sorteo editar

Primeira rolda editar

O sorteo da eliminatoria para a fase de ascenso a Segunda 2021 celebrouse o 10 de maio ás 12:30 horas no Palacio de Congresos de Mérida, xa que Estremadura acolle os playoffs.

O sorteo comezou emparellando a un dos cinco campións de grupos de Segunda B co club clasificado no cuarto lugar; a continuación os catro campións restantes con catro dos cinco terceiros; logo un dos cinco clubs que que quedaron segundos emparellouse co terceiro sobrante copa número 3; e, finalmente, os catro segundos, da copa número 2, uns cos outros. En caso de coincidencia de grupo, sorteouse outra bola para emparellar ao club local e reservouse ao club sen parella para a seguinte extracción.

Os vencedores das oito eliminatorias (con prórroga pero sen quenda de penaltis excepto nos duelos entre equipos que remataron no mesmo lugar durante a 2ª fase de 2ªB) accederon á segunda e última rolda deste play-off. O luns 17 de maio celebrouse un novo sorteo para estas segundas e últimas eliminatorias para o ascenso ao fútbol profesional.

Segunda rolda editar

O luns 17 de maio de 2021 ás 12:30 celebrouse o segundo sorteo no Salón de Actos de IFEBA, en Badaxoz.

Nesta segunda rolda participaron os oito clubs gañadores da anterior. Estes distribuíronse segundo a posición obtida na clasificación ao final da segunda fase. E, mediante sorteo, os equipos que acadaron un mellor posto emparelláronse con aqueles que tiveron unha peor clasificación, evitando, na medida do posible, os enfrontamentos entre equipos do mesmo grupo. Actúa como local o equipo mellor clasificado e se a posición é a mesma, o club cuxa bola saíse en primeiro lugar.

Cadros editar

  Semifinais Final
             
15 de maio
   Real Sociedad B 2  
   FC Andorra 1  
 
22 de maio
       Real Sociedad B 2
     Algeciras C. F. 1
15 de maio
   UD San Sebastián de los Reyes 1
   Algeciras C. F. 3  


  Semifinais Final
             
16 de maio
   CD Badajoz 2  
   Zamora CF 0  
 
22 de maio
       CD Badajoz 0
     SD Amorebieta 1
15 de maio
   Linares Deportivo 1
   SD Amorebieta 2  


  Semifinais Final
             
16 de maio
   UD Ibiza 0  
   Real Madrid Castilla CF 0  
 
23 de maio
       UD Ibiza 1
     UCAM Murcia CF 0
16 de maio
   UCAM Murcia CF 2 (5)
   F. C. Barcelona "B" 2 (4)  


  Semifinais Final
             
15 de maio
   Burgos CF 1  
   CD Calahorra 0  
 
23 de maio
       Burgos CF 1
     Bilbao Athletic 0
16 de maio
   Bilbao Athletic 2
   Celta de Vigo B 1  


Partidos editar

Semifinais editar

Xogáronse oito eliminatorias a partido único entre o 15 e o 16 de maio. Os equipos para cada eliminatoria foron determinados por sorteo o 10 de maio. Os oito gañadores clasificáronse para a última rolda, mentres que os perdedores quedaron eliminados e participarán a tempada seguinte na Primeira División RFEF.

UD San Sebastián de los Reyes - Algeciras CF editar



Pasa á 2ª rolda
  Algeciras CF

Burgos CF - CD Calahorra editar



Pasa á 2ª rolda
  Burgos CF

Real Sociedad B - FC Andorra editar



Pasa á 2ª rolda
  Real Sociedade "B"

Linares Deportivo - SD Amorebieta editar



Pasa á 2ª rolda
 
SD Amorebieta

UCAM Murcia CF - FC Barcelona B editar



Pasa á 2ª rolda
  UCAM Murcia CF

UD Ibiza - Real Madrid Castilla editar



Pasa á 2ª rolda
  UD Ibiza

Bilbao Athletic - Celta de Vigo B editar



Pasa á 2ª rolda
  Bilbao Athletic

CD Badajoz - Zamora CF editar



Pasa á 2ª rolda
  CD Badajoz

Finais editar

Participaron os oito equipos vencedores da primeira rolda, a partido único os días 22 e 23 de maio. Os equipos de cada eliminatoria foron determinados por sorteo o 17 de maio. Os catro equipos gañadores ascenderon directamente a Segunda División, mentres que os perdedores participarán a tempada seguinte na Primeira División RFEF.

Real Sociedad B - Algeciras CF editar



Ascende á Segunda División
  Real Sociedade "B"

CD Badajoz - SD Amorebieta editar



Ascende á Segunda División
 
SD Amorebieta

UD Ibiza - UCAM Murcia CF editar



Ascende á Segunda División
  UD Ibiza

Burgos CF - Bilbao Athletic editar



Ascende á Segunda División
  Burgos CF

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Normas reguladoras e bases de competición da Segunda División B e Terceira División" (PDF). RFEF (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021. 
  2. González V., Javi (30 de abril de 2021). "Extremadura, sede del playoff de ascenso a Segunda División". As (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar