Proceso 1001
O proceso 1001/72 do Tribunal de Orde Pública tivo lugar durante a ditadura franquista en España, no ano 1973. Saldouse coa condena a prisión de toda a dirección do sindicato Comisións Obreiras.
Un ano antes, o 24 de xuño de 1972, a dirección de Comisións Obreiras, sindicato ilegal e principal opositor á ditadura no ámbito obreiro, fora detida no convento dos Oblatos de Pozuelo de Alarcón (Madrid), onde se encontraba reunida.[1]
Notas
editar- ↑ La prensa jurídica en el tardofranquismo: el Proceso 1001, Armando RECIO GARCÍA. Universidad Complutense de Madrid
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Os dez procesados no proceso 1001 nun pasquín das Comisións Obreiras de Bélgica (foto 15.5.12 en Algunas imágenes de la clandestinidad, la represión en el tardofranquismo y el inicio de la Transición)