Prisión de Neumünster

Coordenadas: 54°03′51″N 9°59′18″L / 54.0643, 9.98822

A prisión de Neumünster é un centro penitenciario situado na cidade homónima, en concreto no número 30 de Boostedter Straße[1]. En 2018 era o máis grande do estado alemán de Schleswig-Holstein.[Cómpre referencia]

Fachada da prisión.

Historia e características

editar

As instalacións contan con 596 prazas. Trátase dun centro exclusivo para homes adultos con penas de até cinco anos.

Criminalidade

editar

En 2011 Neumünster foi cualificada, xunto coa cidade de Frankfurt, como a cidade alemá con maior taxa de criminalidade. Dende ese ano, a taxa comezou a diminuír.[2]

Reos de relevancia internacional

editar

O escritor Rudolf Wilhelm Friedrich Ditzen[3], co pseudónimo Hans Fallada (1893-1947), foi denunciado en marzo de 1933 ás autoridades alemás por unha conversa que Fallada mantivera co tamén escritor alemán Ernst von Salomon con suposto contido hostil cara ao Estado. O seu paso pola cadea plasmouno na novela Wer einmal aus dem Blechnapf frisst[4]

O 18 de abril de 2018 o presidente catalán Carles Puigdemont, por petición da xustiza española, foi detido nunha viaxe en coche dende Dinamarca e trasladado a este cárcere.[5]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar