Primi Nécega

escritora galega

Primitiva Nécega Gallo, nada en Foz o 11 de setembro de 1930, é unha escritora galega coñecida como Primi Nécega.

Infotaula de personaPrimi Nécega

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1930 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Foz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4089329

Traxectoria editar

Desenvolveu o seu labor dende os dezasete anos en Ribadeo.[1] Ten publicado en diversos medios, nos primeiros tempos, facendo uso de diversos pseudónimos, uns para obras en castelán, e outros para obras en galego. A súa obra ten unha certa descontinuidade no tempo, debido ás vicisitudes persoais da autora.

Escritora que abrangue diversos campos, a súa meirande produción é como contista, con contos relacionados gran parte das veces coa súa propia historia, e cando non, con historias populares, por exemplo, referidas ó Nadal.

Antes de deixarse de editar, publicou en Las Riberas del Eo, pasando logo a ser colaboradora habitual en La Comarca del Eo, onde ten publicado multitude de historias, moitas delas en xeito de conto. En xeral, aínda que a súa obra é de raizame galega, publica en castelán.

Foi pregoeira na Xira de Santa Cruz (2001)[2] e no Entroido de Ribadeo (2004), entre outros actos.

Obras editar

  • Despertar, libro de poesías en castelán (1997, 1ª edición[3]; 2000, 2ª edición[4]).
  • El Govi (conto)[5].
  • Cuentos y relatos (2012)[6].
  • A romaría de Santa Cruz (colaboración, vídeo)[7]

Premios editar

  • Premio fundación iniciativas 21 (2009)[8][9].

Notas editar

  1. "Primi". Consultado o 6/9/2017. 
  2. "Pregón de 1999 Primi Nécega Gallo". www.amigosdagaita.org. Consultado o 2020-08-08. 
  3. Nécega, Primi. (1997). Despertar. Prólogo de Antonio Gregorio. Ribadeo: P. Nécega. ISBN 84-605-6575-0. OCLC 432552683. 
  4. Nécega, Primi. ([2000]). Despertar. Prólogo de Antonio Gregorio. [Lugo?]: XESDO. ISBN 84-607-1077-7. OCLC 433831568. 
  5. "El govi, de Primi Nécega". Consultado o 6/9/2017. 
  6. "Cuentos y relatos de Primi". Arquivado dende o orixinal o 06/09/2017. Consultado o 6/9/2017. 
  7. "Romaría de Santa Cruz". Consultado o 6/9/2017. 
  8. "Primi Nécega e o Premio Iniciativas 21". Consultado o 6/9/2017. 
  9. "Memoria de Muller". Consultado o 6/9/2017.