Primeiro ministro de Eslovaquia

O presidente do Goberno da República Eslovaca (en eslovaco: Predseda vlády Slovenskej republiky), tamén coñecido como primeiro ministro (en eslovaco: Premiér), é o xefe de goberno de Eslovaquia. Sobre o papel é o terceiro cargo constitucional máis alto en Eslovaquia despois do presidente de Eslovaquia e o presidente do Consello Nacional. Na práctica, é a figura política líder do país.

Coat of arms of Slovakia.svg

Peter Pellegrini May 2019.jpg

ResidenciaPalacio de Verán do Arcebispo, Bratislava
Nomeado porPresidente de Eslovaquia
Primeiro titularŠtefan Sádovský
Creación2 de xaneiro de 1969
Sitio webvlada.gov.sk

O cargo creouse en 1969 e dende entón houbo 13 primeiros ministros. Dende 1993, cando xurdiu a Eslovaquia independente, seis primeiros ministros ocuparon o posto. O 22 de marzo de 2018, Peter Pellegrini converteuse no 13º e actual primeiro ministro tras a dimisión de Robert Fico.

HistoriaEditar

O cargo de primeiro ministro foi creado en 1969 pola Lei Constitucional de Federación. Non obstante, un cargo similar existira dende 1918 cando varias persoas presidiron órganos executivos que rexían a parte eslovaca de Checoslovaquia ou o Estado eslovaco respectivamente. Dende 1993, cando se creou a República Eslovaca independente, seis persoas ocuparon o cargo. Dende 2018 oprimeiro ministro é Peter Pellegrini.

Poderes e funciónsEditar

Dado que Eslovaquia é unha república parlamentaria, o primeiro ministro responde ante o Consello Nacional. A Constitución eslovaca prevé que para acceder ao cargo, cada primeiro ministro debe gañar e despois manter a confianza do parlamento. En canto o primeiro ministro perda a confianza, o presidente está obrigado a destituílo e designar a un novo primeiro ministro ou confiar ao primeiro ministro destituído a función de coidador con poderes limitados.

O primeiro ministro é o cargo máis poderoso do estado, xa que manda e preside o goberno. Aínda que non é o primeiro ministro senón o presidente quen nomea ministros do gabinete, faino co asesoramento do primeiro ministro.

Primeiro ministro designado de EslovaquiaEditar

Primeiro ministro designado de Eslovaquia (en eslovaco: designovaný predseda vlády) é un título non oficial para unha persoa á que o presidente da República Eslovaca lle encomendou formar un novo goberno e substituír ao primeiro ministro saínte. Este título, así como a autorización do presidente para encomendar ao primeiro ministro designado, non están establecidos por lei senón que é unha tradición legal ou, máis precisamente, constitucional. Segundo esta tradición, o presidente designa a unha persoa que teña o apoio da maioría dos deputados no Consello Nacional.

Lista dos primeiros ministros de EslovaquiaEditar

Primeira República Checoslovaca (1918-1938)Editar

Ministro plenipotenciario para a administración de Eslovaquia

Presidentes da Terra de Eslovaquia

Segunda República Checoslovaca (1938-1939)Editar

Primeiros ministros do Goberno da Autonomía de Eslovaquia

  • Jozef Tiso (7 de outubro de 1938 - 9 de marzo de 1939)
  • Jozef Sivák (9 de marzo de 1939 - 11 de marzo de 1939)
  • Karol Sidor (11 de marzo de 1939 - 14 de marzo de 1939)

Primeira República Eslovaca (1939–1945)Editar

Primeiros ministros da Primeira República eslovaca

Terceira República Checoslovaca (1945–1948)Editar

Presidentes do Consello de Comisarios

República Socialista Checoslovaca (1948–1989)Editar

1 de xaneiro de 1969 - 5 de marzo de 1990: chamada "República Socialista Eslovaca" dentro de Checoslovaquia .

Presidentes do Consello de Comisarios

Presidentes do Consello Nacional de Eslovaquia

Primeiros ministros da República Socialista Eslovaca

  1. Štefan Sádovský : 2 de xaneiro de 1969 - 5 de maio de 1969
  2. Peter Colotka : 5 de maio de 1969 - 12 de outubro de 1988
  3. Ivan Knotek : 13 de outubro de 1988 - 22 de xuño de 1989
  4. Pavel Hrivnák : 23 de xuño de 1989 - 8 de decembro de 1989

República Federal Checa e Eslovaca (1990–1992)Editar

6 de marzo de 1990 - 31 de decembro de 1992: chamada "República Eslovaca" dentro de Checoslovaquia .

Primeiros ministros da República eslovaca

     KSČ      VPN      KDH
No. Retrato Nome Mandato Partido Político
Inicio Fin Tempo no cargo
5   Milán Čič
(1932–2012)
10 de decembro de 1989 27 de xuño de 1990 197 Partido Comunista de Checoslovaquia (KSČ)
Sociedade Contra a Violencia (VPN)
6   Vladimír Mečiar
(1942-)
27 de xuño de 1990 6 de maio de 1991 299 Sociedade Contra a Violencia (VPN)
7   Ján Čarnogurský
(1944- )
6 de maio de 1991 24 de xuño de 1992 428 Movemento Democrático Cristián (KDH)
     HZDS/ĽS-HZDS     DEÚS      SDK      SDKÚ/SDKÚ-DS      SMER-SD
Foto Nome Mandato Partido político
Inicio Fin Tempo no cargo
1   Vladimír Mečiar

(1942-)

24 de xuño de 1992 15 de marzo de 1994 1 ano e 264 días Movemento para unha Eslovaquia Democrática

(HZDS)

2   Jozef Moravčík

(1945-)

15 de marzo de 1994 13 de decembro de 1994 273 días Unión Democrática de Eslovaquia

(DEÚS)

(1)   Vladimír Mečiar

(1942-)

13 de decembro de 1994 30 de outubro de 1998 3 anos e 321 días Movemento para unha Eslovaquia Democrática

(HZDS)

3   Mikuláš Dzurinda

(1955-)

30 de outubro de 1998 15 de outubro de 2002 3 anos e 350 días Coalición Democrática Eslvoaca (SDK)

logo substituída pola Unión Cristiá e Democrática Eslovaca- Partido Democrático

(SDKÚ)

16 de outubro de 2002 4 de xullo de 2006 3 anos e 261 días Unión Cristiá e Democrática Eslovaca
4   Robert Fico

(1964-)

4 de xullo de 2006 8 de xullo de 2010 4 anos e 4 días Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia)

(SMER-SDK)

5   Iveta Radičová

(1956-)

8 de xullo de 2010 4 de abril de 2012 1 ano e 271 días Unión Cristiá e Democrática Eslovaca- Partido Democrático (SDKÚ-DS)
(4)   Robert Fico

(1964-)

4 de abril de 2012 23 de marzo de 2016 5 anos e 352 días Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia)

(SMER-SDK)

23 de marzo de 2016 22 de marzo de 2018
6   Peter Pellegrini

(1975- )

22 de marzo de 2018[1] Presente 2 anos e 16 días Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia)

(SMER-SDK)

EstatísticasEditar

Primeiro Ministro Idade á que accedeu ao cargo
(primeiro mandato)
Tempo no cargo
(total)
Idade ao deixar o cargo
(último mandato)
Data de falecemento Idade
1 Vladimír Mečiar 49 anos e 334 días 5 anos, 221 días 56 anos, 96 días Vive 77 anos e 256 días
2 Jozef Moravčík 49 anos e 361 días 273 días 50 anos, 269 días Vive 75 anos e 19 días
3 Mikuláš Dzurinda 43 anos e 268 días 7 anos, 247 días 51 anos, 150 días Vive 65 anos e 63 días
4 Robert Fico 41 anos, 292 días 11 anos, 210   días 53 anos, 46 días Vive 55 anos e 205 días
5 Iveta Radičová 53 anos, 213 días 1 ano, 271 días 55 anos, 119 días Vive 63 anos e 122 días

NotasEditar

  1. "El socialdemócrata Peter Pellegrini, nuevo primer ministro de Eslovaquia". RTVE (en castelán). 22 de marzo de 2018. Consultado o 5 de novembro de 2019. 

Véxase taménEditar