Primeiro ministro de Cuba
O Presidente do Consello de Ministros de Cuba, antes chamado Primeiro ministro entre 1940 e 1976, é o xefe de goberno da República de Cuba.
Segundo a Constitución cubana de 1940, que creou dito cargo, correspondíalle a función de axudar ao Presidente da República. Era designado xunto co resto dos membros do Consello de Ministros polo presidente da República. O primeiro ministro e o Consello de ministros eran responsables das súas accións ante calquera das dúas cámaras do Congreso (cámara dos deputados e do Senado). Calquera cámara lle podía retirar a súa confianza.
Na Constitución cubana de 1976, o Consello de Ministros é o responsable da administración do Estado e constitúe o goberno. Está dirixido polo presidente da República, que á súa vez é o presidente do Consello de Ministros.
En abril de 2019, entrou en vigor unha nova Constitución de Cuba,[1] que recupera os cargos de Presidente da República e Primeiro ministro.[2] Está previsto que a elección do novo primeiro ministro se realice antes de que remate o ano 2019.[3]
Primeiro ministro de Cuba (1940-1976)
editarNº | Nome | Inicio | Final | Partido | Presidente | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Carlos Saladrigas Zayas (1900–1956) |
10 de outubro de 1940 | 16 de agosto de 1942 | Partido Socialista Popular | Fulgencio Batista (1940–1944) | ||
2 | Ramón Zaydín (1895–1968) |
16 de agosto de 1942 | 16 de marzo de 1944 | Partido Liberal de Cuba | |||
3 | Anselmo Alliegro y Milá (1899–1961) |
16 de marzo de 1944 | 10 de outubro de 1944 | Partido Liberal de Cuba | |||
4 | Félix Lancís Sánchez (1900–1976) |
10 de outubro de 1944 | 13 de outubro de 1945 | Partido Revolucionario Cubano Auténtico | Ramón Grau (1944–1948) | ||
5 | Carlos Prío Socarrás (1903–1977) |
13 de outubro de 1945 | 1 de maio de 1947 | Partido Revolucionario Cubano Auténtico | |||
6 | Raúl López del Castillo (1893–1963) |
1 de maio de 1947 | 10 de outubro de 1948 | Partido Revolucionario Cubano Auténtico | |||
7 | Manuel Antonio de Varona (1908–1992) |
10 de outubro de 1948 | 6 de outubro de 1950 | Partido Revolucionario Cubano Auténtico | Carlos Prío Socarrás (1948–1952) | ||
8 | Félix Lancís Sánchez (1900–1976) |
6 de outubro de 1950 | 1 de outubro de 1951 | Partido Revolucionario Cubano Auténtico | |||
9 | Óscar Gans (1903–1965) |
1 de outubro de 1951 | 10 de marzo de 1952 | Partido de Acción Progresista | |||
10 | Fulgencio Batista (1901–1973) |
10 de marzo de 1952 | 4 de abril de 1952 | Partido de Acción Progresista | Fulgencio Batista (1952–1959) | ||
Vacante (4 de abril de 1952 – 14 de agosto de 1954) | |||||||
— | Andrés Domingo y Morales del Castillo (1892–1979) |
14 de agosto de 1954 | 24 de febreiro de 1955 | Independente | |||
11 | Jorge García Montes (1896–1982) |
24 de febreiro de 1955 | 26 de marzo de 1957 | Partido de Acción Progresista | |||
12 | Andrés Rivero Agüero (1905–1996) |
26 de marzo de 1957 | 6 de marzo de 1958 | Partido de Acción Progresista | |||
13 | Emilio Núñez Portuondo (1898–1978) |
6 de marzo de 1958 | 12 de marzo de 1958 | Partido de Acción Progresista | |||
14 | Gonzalo Güell (1895–1985) |
12 de marzo de 1958 | 1 de xaneiro de 1959 | Partido de Acción Progresista | |||
15 | José Miró Cardona (1902–1974) |
5 de xaneiro de 1959 | 16 de febreiro de 1959 | Independente | Manuel Urrutia Lleó (1959) | ||
16 | Fidel Castro (1926–2016) |
16 de febreiro de 1959 | 1976 | Partido Comunista de Cuba | Osvaldo Dorticós Torrado (1959–1976) | ||
Vacante (1976-2019) | |||||||
17 | Manuel Marrero (1963-) |
21 de decembro de 2019[4] | presente | Partido Comunista de Cuba | Miguel Díaz-Canel | (2018-) |
Notas
editar- ↑ "Entra en vigor nueva Constitución de Cuba" (en castelán). 10 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2 de agosto de 2019.
- ↑ "Constitución de Cuba de 2019" (PDF). www.granma.cu (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2019.
- ↑ "Cuba se prepara para volver a tener presidente y primer ministro" (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2019.
- ↑ "Manuel Marrero, nombrado primer ministro de Cuba". La Vanguardia (en castelán). 21 de decembro de 2019. Consultado o 22 de decembro de 2019.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cuba - WORLD STATESMEN.org (en inglés)