Primeira División do Uruguai

(Redirección desde «Primeira División de Uruguai»)

A Primeira División do Uruguai é o torneo mais importante do fútbol profesional no Uruguai, organizado pola Asociación Uruguaia de Fútbol. Aínda que o primeiro campionato ligueiro de fútbol neste país disputouse en 1900, até 1931 todos foron torneos de afeccionados. Foi a partir da edición de 1932 cando nace o profesionalismo no fútbol do Uruguai.

A primeira división do campionato uruguaio de fútbol está dominada tradicionalmente por dous equipos, o Club Atlético Peñarol e o Club Nacional de Football, ámbolos dous da cidade de Montevideo. Os dous clubs manteñen unha rivalidade acérrima. O Peñarol acadou 47 títulos nas súas 109 participacións, mentres que o Nacional acadou 45 títulos en 110 tempadas.

O actual campión é o Nacional, que acadou o campionato tras gañar o Torneo Apertura e a Táboa Anual, e vencendo nun encontro final ó Peñarol, de xeito que gañou o título da tempada 2014-15.

Formato editar

Dende a tempada 2005-06 o campionato xógase segundo o formato europeo, é dicir, comezando no segundo semestre do ano e rematando no primeiro semestre do ano seguinte. A pesar de que o campionato está dividido en dous torneos dende 1994 (Apertura e Clausura), 1 só dos 16 equipos participantes pode ser campión cada tempada. Cada torneo consta de 15 xornadas, xa que corresponde cunha volta completa segundo o sistema de liga europeo.

Para decidir o campión da tempada, despois dos 2 torneos lévanse a cabo a finais polo campionato, nas que se enfrontan como nunha semifinal os 2 campións dos 2 torneos, e logo o gañador fronte ó líder da táboa anual que resulta de sumar os puntos acadados nos torneos Apertura e Clausura. A "semifinal" é un único encontro, mentres que a final é a dobre encontro, con ida e volta.

Cando un equipo é o gañador dos 2 torneos, ese equipo é campión sen necesidade de xogar ningún encontro mais. No caso de que un equipo gañe un torneo, e outro equipo gañe o outro torneo e ademais sexa o líder da Táboa Anual, pódense dar 2 situacións:

  • Equipo 1: Gañador Torneo 1 e Táboa Anual
    Equipo 2: Gañador Torneo 2
    Se na semifinal gaña o Equipo 1, xa non se disputa a final, xa que sería un enfrontamento consigo mesmo. O Equipo 1 é o campión directamente.
  • Equipo 1: Gañador Torneo 1 e Táboa Anual
    Equipo 2: Gañador Torneo 2
    Se na semifinal gaña o Equipo 2, tense que disputar a final, na que se volven a enfrontar os dous equipos; o Equipo 2 como gañador da semifinal, e o Equipo 1 como líder da Táboa Anual.

Equipos 2011-12 editar

Club Cidade Estadio Fundación Tempadas T.Cons Campión Na temp. 2010-11
Cerro Montevideo Tróccoli 1 de decembro de 1922 69 8 - 13
Danubio Montevideo Jardines 1 de marzo de 1932 65 45 4 veces 5
Defensor Sporting Montevideo Franzini 15 de marzo de 1913 88 50 4 veces 4
El Tanque Sisley Montevideo Della Valle 17 de marzo de 1955 6 5 - 9
Fénix Montevideo Capurro 7 de xullo de 1916 33 6 - 10
Juventud Las Piedras Parque Artigas 24 de decembro de 1935 9 3 - 6
Liverpool Montevideo Belvedere 15 de febreiro de 1915 74 1 - -
Nacional Montevideo Parque Central 14 de maio de 1899 110 110 45 veces 1
Peñarol/CURCC Montevideo Damiani 28 de setembro de 1891 109 88 47 veces 2
Plaza Colonia Colonia del Sacramento Suppici 22 de abril de 1917 6 1 - -
Racing Montevideo Roberto 6 de abril de 1919 48 7 - 7
Rentistas Montevideo Complejo Rentistas 26 de marzo de 1933 25 2 - -
River Plate Montevideo Saroldi 11 de maio de 1932 66 11 - 3
Sud América Montevideo Martínez Laguarda 15 de febreiro de 1914 48 2 - -
Villa Teresa Montevideo Tróccoli 1 de xuño de 1941 1 1 - -

Campións editar

Era de afeccionados editar

Torneos da Asociación Uruguaia de Fútbol editar

Ano Campión Subcampión
1900 CURCC Albion
1901 CURCC Nacional
1902 Nacional CURCC
1903 Nacional CURCC
1904 Non se xogou pola guerra civil.
1905 CURCC Nacional
1906 Montevideo Wanderers CURCC
1907 CURCC Montevideo Wanderers
1908 River Plate FC Montevideo Wanderers
1909 Montevideo Wanderers CURCC
1910 River Plate FC CURCC
1911 CURCC Montevideo Wanderers
1912 Nacional CURCC
1913 River Plate FC Nacional
1914 River Plate FC Peñarol
1915 Nacional Peñarol
1916 Nacional Peñarol
1917 Nacional Peñarol
1918 Peñarol Nacional
1919 Nacional Universal
1920 Nacional Peñarol
1921 Peñarol Nacional
1922 Nacional Montevideo Wanderers
1923 Nacional Rampla Juniors
1924 Nacional Bella Vista
1925 Non se rematou o campionato por problemas internos.
1926 A Asociación Uruguaia de Fútbol non organizou ningún torneo oficial.
1927 Rampla Juniors Peñarol
1928 Peñarol Rampla Juniors
1929 Peñarol Nacional
1930 Non se xogou por mor da Copa Mundial de Fútbol.
1931 Montevideo Wanderers Nacional

Torneos da Federación Uruguaia de Foot-ball editar

Ano Campión
1923 Atlético Wanderers
1924 Peñarol
1925 O torneo comezou pero non rematou.

Torneo do Consello Provisorio editar

Ano Campión
1926 Peñarol

Era profesional editar

Ano Campión Resultado Subcampión
1932 Peñarol Lig. Rampla Juniors
1933 Nacional 0:0, 0:0 e 3:2 Peñarol
1934 Nacional Lig. Peñarol
1935 Peñarol Lig. Nacional
1936 Peñarol Lig. Nacional
1937 Peñarol Lig. Nacional
1938 Peñarol Lig. Nacional
1939 Nacional 3:2 Peñarol
1940 Nacional Lig. Rampla Juniors
1941 Nacional Lig. Peñarol
1942 Nacional Lig. Peñarol
1943 Nacional Lig. Peñarol
1944 Peñarol 0:0 e 3:2 Nacional
1945 Peñarol Lig. Nacional
1946 Nacional Lig. Peñarol
1947 Nacional Lig. Non houbo
1948 Non rematou por folga dos xogadores
1949 Peñarol Lig. Nacional
1950 Nacional Lig. Peñarol
1951 Peñarol Lig. Nacional
1952 Nacional 4:2 Peñarol
1953 Peñarol Lig. Nacional
1954 Peñarol Lig. Nacional
1955 Nacional Lig. Peñarol
1956 Nacional Lig. Peñarol
1957 Nacional Lig. Peñarol
1958 Peñarol Lig. Nacional
1959 Peñarol 2:0 Nacional
1960 Peñarol 3:1 Cerro
1961 Peñarol Lig. Nacional
1962 Peñarol Lig. Nacional
1963 Nacional Lig. Peñarol
1964 Peñarol Lig. Rampla Juniors
1965 Peñarol Lig. Nacional
1966 Nacional Lig. Peñarol
1967 Peñarol Lig. Nacional
1968 Peñarol Lig. Nacional
1969 Nacional Lig. Peñarol
1970 Nacional Lig. Peñarol
1971 Nacional Lig. Peñarol
1972 Nacional Lig. Peñarol
1973 Peñarol Lig. Nacional
1974 Peñarol Lig. Nacional
1975 Peñarol Lig. Nacional
1976 Defensor Lig. Peñarol
1977 Nacional Lig. Peñarol
1978 Peñarol Lig. Nacional
1979 Peñarol Lig. Nacional
1980 Nacional Lig. Montevideo Wanderers
1981 Peñarol Lig. Nacional
1982 Peñarol Lig. Nacional
1983 Nacional Lig. Danubio
1984 Central Español Lig. Peñarol
1985 Peñarol Lig. Montevideo Wanderers
1986 Peñarol 0:0 (4:3 pen) Nacional
1987 Defensor Lig. Nacional
1988 Danubio Lig. Peñarol
1989 Progreso Lig. Nacional
1990 Bella Vista Lig. Nacional
1991 Defensor Sporting Lig. Nacional
1992 Nacional Lig. River Plate
1993 Peñarol Lig. Defensor Sporting
1994 Peñarol 1:1, 1:1 e 2:1 Defensor Sporting
1995 Peñarol 1:0, 1:2 e 3:1 Nacional
1996 Peñarol 1:0 e 1:1 Nacional
1997 Peñarol 1:0 e 3:0 Defensor Sporting
1998 Nacional Peñarol
1999 Peñarol 1:1, 1:1 e 2:1 Nacional
2000 Nacional 1:0 e 1:1 Peñarol
2001 Nacional 2:2 e 2:1 Danubio
2002 Nacional 2:1 e 2:1 Danubio
2003 Peñarol 1:0 Nacional
2004 Danubio 1:4 e 1:0 Nacional
2005 Nacional Non disputada. Defensor Sporting
2005-06 Nacional 4:1 e 2:0 Rocha
2006-07 Danubio Peñarol
2007-08 Defensor Sporting 2:1 e 0:0 Peñarol
2008-09 Nacional 2:1 e 2:1 Defensor Sporting
2009-10 Peñarol 1:0 e 1:1 Nacional
2010-11 Nacional 1:0 Defensor Sporting
2011-12 Nacional 1:0 Defensor Sporting
2012-13 Peñarol 3:1 Defensor Sporting
2013-14 Danubio 0:0 e 2:2 (3:2 pen.) Wanderers
2014-15 Nacional 3:2 Peñarol
2015-16 Peñarol Nacional
2016 Nacional Lig. Wanderers
2017 Peñarol 0:0 (4:2 pen) Defensor Sporting
2018 Peñarol 2:1 Nacional
2019 Nacional 1:0 Peñarol
2020 Nacional 3:0 e 1:0 Rentistas
2021 Peñarol Nacional
2022 Nacional 4:1 Liverpool

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar