A prevalencia (P)[1] é un termo empregado en epidemioloxía para definir a proporción de individuos dunha poboación que presentan un determinado evento con respecto do total de individuos de dita poboación. Adóitase expresar, polo xeral, en porcentaxe, fracción ou número de casos por cada mil, dez mil ou cen mil habitantes. En medicina emprégase para expresar o número de pacientes que presenta unha doenza con respecto do total da poboación ou dun subgrupo de poboación.

Igual que acontece con outros parámetros estatísticos ou epidemiolóxicos, coma a incidencia ou a taxa de incidencia, é unha eiva que permite identificar a frecuencia dun determinado fenómeno de saúde, así como xerar hipóteses que poidan explicar este evento. Son un dos parámetros empregados en Medicina preventiva e en Saúde pública.

Fórmula editar

A prevalenza dunha doenza calcúlase dividindo o número total dos individuos que presentan un atributo ou enfermidade nun momento ou durante un período de tempo (evento), entre a poboación nese punto no tempo o na metade do período (número de individuos)[2]. Cuantifica a proporción de persoas nunha poboación que teñen unha doenza ou calquera outro tipo de suceso, nun determinado momento. Proporciona unha estimación da proporción de individuos de dita poboación que teñen a doenza nese momento.

 

Por exemplo, a prevalenza de obesidade entre os adultos estadounidenses en 2001 foi estimada polos Centros para o Control de Enfermidades dos EE. UU . (CDC) en aproximadamente o 20,9%. Isto é, de cada 100 individuos que habitan nos Estados Unidos, case 21 son obesos.

Notas editar

  1. "Prevalencia.". Digalego (Dicionario de Galego). Consultado o 12/01/2021. 
  2. "Medidas de frecuencia de enfermidade.". Fisterra.com. Arquivado dende o orixinal o 23/09/2020. Consultado o 12/11/2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar