Prepucio sagrado
O prepucio sagrado é unha das máis prezadas reliquias católicas relacionadas coa figura de Xesuscristo. Trátase, como o propio nome indica, do prepucio atribuído á figura de Cristo, que tería sido retirado do seu corpo durante a circuncisión, ritual ao que o pobo xudeu somete a todos os seus rapaces. En diversas ocasións ao longo da historia, varias igrexas ou catedrais reclamaron a súa posesión, algunhas de maneira coetánea, entre elas a de Santiago de Compostela.[1]
Hai varios milagres atribuídos a esta reliquia.
Notas
editar- ↑ Saco, Manuel (2012-11-26). "Hablemos ahora del Santo Prepucio". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-04-12.