Premios de Publicidade en galego

Os Premios de Publicidade en galego premian a publicidade feita en lingua galega.

TraxectoriaEditar

Púxoos en marcha o Consello Asesor da Radio Televisión Española en Galicia en 1993[1][2] e posteriormente pasaron a ser convocados conxuntamente pola Xunta de Galicia, o Parlamento de Galicia e o Foro Peinador. En 2018 chegaron á súa XXV edición.[3] En 2019 estabeleceron 5 categorías segundo o medio de difusión (radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos) e dúas modalidades na que recoñecen tanto a empresa anunciante como a axencia de publicidade.[4]

Os premios consistirán na entrega dunha certificación e mais dunha obra artística.

Publicidade premiadaEditar

2013Editar

Categoría de Internet[5]

Faite amigo da Catedral presentado por Arraianos para a Fundación Catedral de Santiago de Compostela.

Categoría de televisión

Maxia verde desenvolvido por Imaxe para Aceites Abril.

Categoría de radio

O son da nosa fala desenvolvido por Radio Lugo.

Edición XXIIEditar

Categoría de Internet[6][7]

Web de Galeguesas, a diferencia, elaborada e presentada pola axencia Arraianos Multimedia por encargo de Galeguesa.

Categoría de televisión

Anuncio O noso é o noso, elaborado pola axencia Imaxe e presentado pola TVG por encargo de Estrella Galicia.

Categoría de radio

Campaña Hai cousas que canto menos cambien mellor, elaborada e presentada pola axencia BAP&Conde por encargo de Larsa.

2016Editar

Categoría de Internet[8]

Fai historia con nós elaborado pola axencia Nasas por encargo da Universidade de Vigo.

Categoría de televisión

En confianza elaborado por BAP&Conde por encargo de Gadis.

Categoría de radio

Fogar de Estrella de Galicia elaborado por Idea, Creatividad y Comunicación por encargo de Estrella de Galicia.

2017Editar

Categoría de televisión[9]

Anuncio Imposible sen ti, da axencia Tex 45 Producións SLU por encargo de Abanca Corporación Bancaria, SA

Categoría de radio

Anuncio Medo a quedar sen datos, da axencia Bap&Conde, por encargo de R Cable e Telecomunicacións Galicia, SA.

Categoría Internet

Anuncio A túa compra, os teus temazos, da axencia Nasas, axencia creativa de mercadotecnia en liña, elaborado por encargo de Gadisa Retail, SLU.

Categoría prensa escrita

Deserto

2018Editar

Categoría de televisión

Anuncio da Tarxeta PassVigo, da axencia Ecovigo Publicidad, S.L. por encargo de Viguesa de Transportes [10]

Categoría de radio

As campañas de dinamización comercial 2017 da axencia Fancylooks por encargo da Asociación Compostela Monumental.

2019[11]Editar

Categoría de televisión

Martín Códax, Fillo do Atlántico, da empresa Martín Códax e a axencia &Rosás

Categoría de radio

Benvidos novos Larseiros!, da empresa Larsa e a axencia BAP Conde

Categoría Internet

Queixos Hoxe, da Cooperativa HOXE e a axencia Pío García Audiovisuais, S.L.

Categoría prensa escrita

Martín Códax, Fillo do Atlántico, da empresa Martín Códax e a axencia &Rosás

Categoría centro educativo

Stop_Bullyng, do IES Leixa de Ferrol (A Coruña)

NotasEditar

  1. "Premios Publicidad en Gallego". Briefing Galego (en castelán). 18 de maio de 2016. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  2. "Novas do sector: Interacción novamente galardoada nos premios de publicidade en galego". Academia Galega do Audiovisual. 15 de decembro de 2006. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  3. "Xunta, Parlamento e Foro Peinador entregan os XXV Premios de Publicidade en galego". Xunta de Galicia. 17 de decembro de 2018. Consultado o 17 de xaneiro de 2019. 
  4. "XXVI Premios de Publicidade en Galego - O Portal da Lingua Galega". Xunta de Galicia. Consultado o 2019-09-20. 
  5. "Entréganse os XXI Premios da Publicidade en Galego". Consello da Cultura. 15 de maio de 2014. Consultado o 20 de setembro de 20190. 
  6. "O Parlamento de Galicia acolleu a entrega dos Premios de Publicidade en Galego". Parlamento de Galicia. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  7. "ENTREGA DOS XXII PREMIOS DE PUBLICIDADE EN GALEGO". Cultura de Galicia. 4 de maio de 2015. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  8. "Entréganse os XXIII Premios de Publicidade en Galego". consellodacultura.gal. 13 de maio de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  9. "Os Premios de Publicidade en Galego incorporan, na súa XXV edición, un premio extraordinario para centros educativos". Parlamento de Galicia. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  10. Anuncio da Tarxeta PassVigo en YouTube.
  11. Galicia, Parlamento de. "Entregados no Parlamento os Premios de Publicidade en Galego". Parlamento de Galicia. Consultado o 2020-12-04.