12ª edición dos Óscar
(Redirección desde «Premios Oscar 1939»)
A 12.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 29 de febreiro de 1940 en The Ambassador Hotel dos Ánxeles.[1] O mestre de cerimonias foi Bob Hope, primeira das dezanove ocasións en que o fixo.
Hattie McDaniel converteuse na primeira persoa afroamericana que recibiu un Óscar ao ser considerada a mellor actriz secundaria por Foise co vento.
Premios
editarOs gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.
Oscar honorífico
editar- Douglas Fairbanks: "recoñecendo a contribución única e destacada de Douglas Fairbanks, primeiro Presidente da Academia, ao desenvolvemento internacional do cinema".
- Motion Picture Relief Fund: "recoñecendo os destacados servizos á industria durante o pasado ano do Motion Picture Relief Fund e o seu progresivo liderado". Entregado a Jean Hersholt (presidente), Ralph Morgan (director do comité executivo), Ralph Block (vicepresidente primeiro) e Conrad Nagel.
- William Cameron Menzies "polo destacado logro no uso da cor para mellorar o dramatismo na produción de Foise co vento".
- The Technicolor Company "polas súas contribucións en levar con éxito a produción en tres cores á pantalla".
Irving G. Thalberg Memorial Award
editarAcademy Juvenile Award
editar- Judy Garland por The Wizard of Oz
Notas
editar- ↑ "The 12th Academy Awards (1940) Nominees and Winners". Oscars.org (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2011. Consultado o 2011-08-10.
Predecesor: 11ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 12ª edición dos Óscar |
Sucesor: 13ª edición dos Óscar |