6ª edición dos Óscar
A 6.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 16 de marzo de 1934 en The Ambassador Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Will Rogers.
Esta edición foi a última que premiou filmes producidos en dous anos, converténdose na que tivo un período de elixibilidade máis longo. Os filmes candidatos foron estreados entre o 1 de agosto de 1932 e o 31 de decembro de 1933.
Will Rogers presentou o premio ao mellor director e ao abrir o sobre anunciou simplemente "Come up and get it, Frank!". Frank Capra, seguro de ser o gañador, correu a recollelo para descubri que Rogers se referira a Frank Lloyd. Posiblemente para minimizar a pifia de Rogers chamou entón ao terceiro candidato, George Cukor, a unirse a eles no escenario.[1]
Walt Disney converteuse na primeira persoa en gañar dous premios en anos consecutivos.
Premios
editarOs gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[2][3]
Predecesor: 5ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 6ª edición dos Óscar |
Sucesor: 7ª edición dos Óscar |
Notas
editar- ↑ McBride, Joseph, Frank Capra: The Catastrophe of Success. Nova York: Simon & Schuster 1992. ISBN 0-671-73494-6, pp. 288–292, 294–296, 298–302, 309–310
- ↑ "The 6th Academy Awards (1934) Nominees and Winners". Oscars.org (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2014. Consultado o 4 de febreiro de 2012.
- ↑ Wiley, Mason; Bona, Damien (1987). Inside Oscar: The Unofficial History of the Academy Awards. Nova York: Ballantine Books.