Premio de poesía Concello de Carral

certame literario galego
(Redirección desde «Premio de Poesía Concello de Carral»)

O Premio de poesía Concello de Carral foi instituído polo concello de Carral en 1997, para orixinais escritos en lingua galega.

Historia e características editar

 
Exposición sobre o certame na praza do concello.

Os obxectivos do premio son a descuberta ou consolidación de poetas de Galicia e o fomento da lectura de poesía. Desde os seus inicios o certame contou coa colaboración de Espiral Maior Edicións, dirixida por Miguel Anxo Fernán-Vello, que se encargou da edición das obras gañadoras incluíndoas na súa colección de poesía.

O premio naceu xunto coa primeira biblioteca municipal de Carral, por iniciativa do concelleiro de Cultura Lois Anxo Ferreiro Bestilleiro[Cómpre referencia]. Desde a primeira edición a dirección do concurso corre a cargo do técnico municipal de Cultura Carlos Lorenzo Pérez[Cómpre referencia].

A dotación económica, que aumentou cos anos, estaba fixada en 2017 en 2.500 euros[Cómpre referencia]. Tamén foi aumentando o número de versos requiridos nas obras presentadas, sendo nea edición de 500 versos.

Nas primeiras 20 edicións do premio presentáronse en total case 800 libros ao concurso[Cómpre referencia].

Gañadores editar

Notas editar

  1. Non se convocou o premio en 2003.
  2. "Xorxo Alonso gaña o XXII certame de poesía Concello de Carral". Concello de Carral. Consultado o 2019-05-15. 
  3. "Manuel López Rodríguez gana el 23º Premio Concello de Carral de Poesía". www.carral.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-23. 
  4. "Álex Mene resulta gañador do Premio de Poesía de Carral". Nós Diario. Consultado o 2021-05-05. 
  5. "Ciro Briones, de A Pobra, gana el Premio de Poesía Concello de Carral con "Oídos de espeleóloga"". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2023-05-19. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar