Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca

premio de investigación galego

O Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca foi convocado por primeira vez no ano 2017 polo concello de Cuntis para premiar investigacións referidas ao ámbito das Humanidades e das Ciencias sociais.[1]

Descrición editar

O premio recibe o seu nome do escritor e mestre nado en Cuntis, Olimpio Arca. De feito, a creación do mesmo tivo lugar coa dupla intención de homenaxear e conmemorar a figura de Olimpio Arca polas súas contribucións aos ámbitos da escola, a etnografía, a literatura, así como pola recuperación do patrimonio; motivo polo que cómpre ser recordado como un exemplo polo seu compromiso coas causas da instrución e da cultura.[1]

A convocatoria está destinada a traballos que versan sobre ciencias sociais e humanidades (arqueoloxía, etnografía, historia, filoloxía, literatura etc.), de temática galega e que supoñen unha achega orixinal e novidosa ao coñecemento de calquera das disciplinas obxecto da convocatoria.[1]

Gañadores editar

  • 2017: Xosé Fuentes Alende, polo traballo "Os exvotos na relixiosidade popular de Galicia".[2]
  • 2018: Miguel García-Fernández[3][4], polo traballo "As mulleres e a práctica testamentaria na Galicia medieval. Bases para unha historia social das mulleres galegas (1100-1550)".[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Detalle - Deputación de Pontevedra". boppo.depo.gal. Consultado o 4/1/2019. 
  2. Salgado, Fernando (17/11/2017-11-17). "Cuando solo queda la fe, Xosé Fuentes aborda el tema de los exvotos". Diario de Pontevedra (en castelán). 
  3. "Miguel García Fernández recibe el Premio de Investigación Olimpio Arca". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-05-31. 
  4. "Miguel García Fernández recibe el premio Olimpio Arca, en Cuntis". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-06-02. Consultado o 2019-06-03. 
  5. "CV Académico". Miguel García-Fernández (en inglés). Consultado o 2019-05-31.