Premio María Casares á mellor iluminación
Os Premios de Teatro María Casares á mellor iluminación outórgaos a Asociación de Actores e Actrices de Galicia aos mellores traballos nesa especialidade teatral da temporada anterior.
Os galardóns
editarOs Premios María Casares de Teatro galardoaron na categoría de mellor iluminación os e as seguintes profesionais:
- 1997. Eduardo Alonso por Noite de Reis (Teatro do Noroeste)
- 1998. Baltasar Patiño por Negro é negro (Matarile Teatro)
- 1999. Baltasar Patiño por Teatro para camaleóns (Matarile Teatro)
- 2000. Baltasar Patiño por Si o vello Simbad volvese ás illas... (Centro Dramático Galego)
- 2001. Ánxeles Cuña, Suso Díaz Seoane e Antón R. Macías por O lapis do carpinteiro (Sarabela Teatro)
- 2002. Suso Díaz Seoane por Sexismunda (Sarabela Teatro)
- 2003. Roberto Vidal Bolaño por Animaliños (Teatro do Aquí)
- 2004. Baltasar Patiño por Acto seguido (Matarile Teatro)
- 2005. Baltasar Patiño por O ano do cometa (Centro Dramático Galego)
- 2006. Baltasar Patiño por Historia natural (Matarile Teatro)
- 2007. Ex aequo Octavio Mas por O regreso ao deserto (Centro Dramático Galego) e Eduardo Alonso por Imperial Café Cantante (Teatro do Noroeste)
- 2008. Afonso Castro por A piragua (Centro Dramático Galego)
- 2009. Xulio Lago por Unha primavera para Aldara (Teatro do Atlántico)
- 2010. Suso Díaz Seoane por A esmorga (Sarabela Teatro)
- 2011. Suso Díaz Seoane por O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (Sarabela Teatro). A título póstumo[1].
- 2012. Octavio Mas por Oeste solitario (Producións Teatrais Excéntricas)
- 2013. Baltasar Patiño por Tokio 3 (Voadora)
- 2014. Fidel Vázquez por Eurozone (Chévere)
- 2015. Tito Asorey e Germán Gundín por Perplexo (ilMaquinario Teatro)
- 2016. Afonso Castro por Xardín Suspenso (Centro Dramático Galego)
- 2017. Afonso Castro por O tolleito de Inishmaan (Contraproducións e FIOT Carballo)
- 2018. Jose Manuel Faro "Coti" por Resaca (ilMaquinario Teatro)
- 2019. Laura Iturralde por Invisibles (Redrum Teatro)
- 2020. Laura Iturralde por O empapelado amarelo (A quinta do Cuadrante)
- 2021. Laura Iturralde por Bailar agora (Marta Alonso Tejada)
- 2022. Nuno Meira, por Othello, de Voadora.
- 2023. Monse Piñeiro, Raquel Hernández e Pedro Fresneda por O Deus do pop
As profesionais máis premiadas
editarBaltasar Patiño conseguiu este galardón en sete ocasións, mentres que Suso Díaz Seoane o fixo en catro, Afonso Castro e Laura Iturralde en tres e Octavio Mas e Eduardo Alonso en dúas.