O premio Gödel é un premio que se entrega a autores de artigos relacionados con teoría da computación.

Historia e características editar

O nome do premio débese ao matemático Kurt Gödel, e é outorgado pola European Association for Theoretical Computer Science (EATCS) e mais polo Special Interest Group on Algorithms and Computation Theory da Association for Computing Machinery (ACM).

Entrégase anualmente desde 1993, xa sexa no STOC (Symposium on Theory of Computing), unha das principais conferencias de Norteamérica na área de informática teórica, ou ben no ICALP (International Colloquium on Automata, Languages, and Programming), unha das principais conferencias europeas na mesma área. Á parte da distinción, inclúe un bono de 5.000 dólares. Como requisito para recibir o premio, o artigo gañador debe ser publicado nunha revista científica hai todo o máis 14 anos atrás (anteriormente eran só 7 anos).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar