Fortaleza de Valença

Forte en Valença, Portugal
(Redirección desde «Praza-forte de Valença»)

A Fortaleza de Valença (Praça-forte de Valença) é unha fortaleza que se localiza na vila, freguesía e concello de mesmo nome, distrito de Viana do Castelo, no Norte de Portugal raiando na marxe esquerda do Miño coa vila galega de Tui. O edificio actual data do século XVII, hoxe é propiedade da república e a vila vella de Valença que arrodea é un destino turístico e de compras de moitos galegos e portugueses.[Cómpre referencia]

Fortaleza de Valença
Monumento Nacional
ConcelloValença
ProvinciaDistrito de Viana do Castelo
Comunidade
autónoma
Norte de Portugal
Coordenadas42°01′57″N 8°38′43″O / 42.032545, -8.645144Coordenadas: 42°01′57″N 8°38′43″O / 42.032545, -8.645144
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalRenacemento (s. XVI (orixe século I))
Estilo actualFortaleza seiscentista (s. XVII-XIX (alteracións significativas))
Estado actualBo, arreodeando a cidade vella
Véxase tamén
Castelos de Portugal
editar datos en Wikidata ]
Canón da fortaleza.

Historia editar

Antecedentes editar

Disque a ocupación cun castelo (Castelo de Valença) se remonta á invasión romana da Gallaecia. O forte sería ocupado durante o reino suevo e o posterior Reino de Galiza. Xa despois da escisión do condado portugués de Galiza, no século XII para o XIII, construiríase o vello castelo para a defensa da poboación e da travesía nese treito do río.[Cómpre referencia]

A Guerra da Restauración e a construción da Praza-forte editar

No contexto da Guerra da Restauración da independencia portuguesa (século XVII), a fortificación lindeira foi enteiramente reformada co proxecto do francés Miguel de l'Ècole (que tamén levou a cabo as reformas no castelo de Monção). Dese modo, foron reconstruídos os muros para abrazar o perímetro estendido da vila, e erguidas novas estruturas abaluartadas, entre as cales:

  • a chamada Coroada, con tres baluartes (Santa Ana, São Jerônimo, e Santa Bárbara) e dous medio baluartes (São José e Santo Antônio);
  • abertos novos fosos, sobre os cales se ergueron taludes;
  • revelíns para defensa dalgunhas cortinas;
  • sete novos baluartes: Carmo, Esperança, Faro, Lapa, São Francisco, São João e Socorro.

Xa durante as primeiras obras resistiu a unha incursión española no inicio da guerra de Restauración (1643); e en 1654 caeu en mans españolas, para despois ser reconquistada por tropas portuguesas baixo o mando do Conde de Castelo Melhor. As obras proseguían en 1661, para seren concluídas en 1713, cando o seu último arquitecto, Manuel Pinto de Vilalobos, a deu como concluída. Ao final do século XVIII, foron reforzados os muros da polvoreira ( paiol da pólvora) e levantado o paiol do açougue (carnizaría) (1774).

Dende o século XIX editar

Durante a Guerra Peninsular, após facer resistencia, caeu diante das tropas napoleónicas baixo o mando de Soult (1809), que fixeron estoupar a Porta do Sol.

Durante as Guerras Liberais, xuntouse ao partido liberal en 1828, durante a Belfastada, sendo sitiada por forzas realistas rendeuse despois de nove días. Só foi reconquistada polos liberais en 1830 co apoio do almirante inglés Charles Napier.

Considerada como a fortificación máis importante do Alto Minho, obxecto de diversas intervención de conservación e restauración ao longo do século XX, as estruturas que chegaron até os nosos días atópanse en bo estado de conservación, e están abertas á visita pública.

Descrición editar

Coa reconstrución das defensas que transformaron Valença nunha praza forte, a poboación ficou separada do río por unha rede de baluartes de cachotaría de granito e de patamais que se comunican entre si por medio de fosos e de pasaxes superiores.

Planimetricamente, a fortaleza, ao abrigo dun intricado conxunto de baluartes, revelíns e fosos, ficou dividida en dúas grandes áreas que se comunicaban pola chamada Porta do Meio: o sector Norte, que abrangue a antiga vila medieval, e o sector Sur, unha área menor e máis aberta: a chamada Coroada.

Turismo editar

Valença, por ser vila raiana, é dende finais do século XX un destino popular de turismo galego de feira e para a compra de diferentes artigos, salientando os téxtiles. As murallas de Valença agochan multitude de tendas (‘’lojas’’) de artigos para o lar, enxoval, así coma restaurantes e cafés, de moita sona tanto no Norte de Portugal coma no sur de Galiza.

Galería de imaxes editar

 
O río Miño coa fortaleza no fondo.
O río Miño coa fortaleza no fondo. 
 
Unha das portas.
Unha das portas. 
 
Detalle da muralla.
Detalle da muralla. 
 
Unha das garitas.
Unha das garitas
 
Detalle das baterías.
Detalle das baterías
 
Baluarte.
 
Revelín.
 
Cortina e baluarte.
Cortina e baluarte. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • GIL, Júlio; CABRITA, Augusto. Os mais belos castelos e fortalezas de Portugal (4ª ed.) Lisboa; São Paulo: Editorial Verbo, 1996. ISBN 972-22-1135-8

Ligazóns externas editar