Praia de Ver
areal en Boebre, Pontedeume
A praia de Ver é unha praia situada na parroquia de Boebre, no concello coruñés de Pontedeume. Está situada nun contorno semiurbano por mor da construción na década de 1970 dunha urbanización de pisos e apartamentos, con hotel e cafetería, a escasos metros da praia. En cumprimento da Lei de Costas, o hotel e maila cafetería foron derrubados en 2008[1].
Praia de Ver | |
---|---|
Vista da praia de Ver. | |
Coordenadas: 43°23′50″N 8°12′42″O / 43.397353, -8.211711 | |
Características xerais | |
Localización | Boebre (Pontedeume) |
Lonxitude | 285 m |
Grao de ocupación | Alto |
Grao de urbanización | Semiurbano |
Características específicas | |
Tipo de praia | Rectilínea |
Tipo de area | Branca e fina |
Condicións do baño | |
Zona de fondeo | Admítese |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | Estrada |
Sinalización do acceso |
Dispón de duchas de auga doce, e na súa contorna hai dous campings que abren en temporada estival, unha tenda de alimentación e unha cafetería.
Debido a que está ben protexida dos ventos e que as súas augas son tranquilas, está moi concorrida no verán. Está comunicada coa capital do concello mediante un servizo regular de autobuses.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Nuria Rodríguez (03/12/2008). La Opinión, ed. "El Mar Molino ya es escombros" (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Turgalicia (ed.). "Praia Ber en Pontedeume". Consultado o 19 de xullo de 2014.