Praia de Borizu
A praia de Borizu[1] é unha praia que se atopa entre as localidades Barru e Celoriu, dentro do concello de Llanes. Fronte á praia hai unha pequena illa chamada Amielles ou Borizu, que na súa zona oeste é coñecida como Les Cabreres.
Praia de Borizu | |
---|---|
Praia de Borizu | |
Coordenadas: 43°26′04″N 4°48′36″O / 43.434379, -4.81 | |
Características xerais | |
Localización | Llanes, Asturias |
Lonxitude | 400 m |
Largo medio | 67 m (con moita variación) |
Grao de ocupación | Alto |
Grao de urbanización | Semiurbana |
Características específicas | |
Tipo de area | Branca e fina |
Condicións do baño | |
Aspectos medioambientais | |
Presenza de vexetación | Si |
Zona protexida | Si |
Seguridade | |
Sinalización do perigo | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | Peonil/coche |
Sinalización do acceso |
Borizu ten forma de cuncha, presentando unha lonxitude de 400 metros, cunha anchura variábel pero que pode considerarse duns 65 metros de media. Enmárcase nas praias da Costa Verde e está considerada paisaxe protexida desde o punto de vista medioambiental (pola súa vexetación). Por este motivo está integrada na Paisaxe Protexida da Costa Oriental de Asturias.[2]
Descrición editar
Trátase dunha praia semiurbana que conta cunha alta afluencia de público. Presenta moi fácil acceso a pé, mesmo para persoas con diversidade funcional, así como tamén para vehículos, contando cun aparcadoiro de arredor de 100 prazas. Durante a marea baixa únese coa illa de Borizu cunha franxa de area. Presenta diversos equipamentos e servizos, como duchas, teléfono, cubos do lixo e servizo de limpeza.[3]
Notas editar
- ↑ "Determinación dos topónimos oficiais do concello de Llanes" (PDF). sede.asturias.es. Consultado o 17 de novembro de 2020.
- ↑ "Guía de playas". magrama.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "Playa de Borizu". asturnatura.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2017. Consultado o 18 de novembro de 2020.