Príncipe de Asturias (R-11)

O Príncipe de Asturias (R-11) foi un buque porta aeronaves clase CVV, da Armada Española. O R-11 foi o buque insignia da frota, e xunto as súas fragatas de escolta, formaron o Grupo 1 de Proxección da Frota. Foi o terceiro portaaeronaves na historia da Armada, logo dos dous Dédalo, o ex USS Cabot (CVL-28) e o portahidroavións do mesmo nome que participou activamente no desembarco de Alhucemas de 1925.

Príncipe de Asturias (R-11)

O Príncipe de Asturias nunhas manobras multinacionais
Historial
Estaleiro Empresa Nacional Bazán
Clase CCV Príncipe de Asturias (é o único)
Tipo Porta aeronaves
Operador Armada Española
Autorizado 1977
Posta en grella 1979
Botado 22 de maio de 1982
Asignado 30 de maio de 1988
Baixa 6 de febreiro de 2013[1]
Destino Despece en Turquía
Características xerais
Desprazamento 13.400 t baleiro, 17.188 t cargado ó máximo
Eslora 195,9 m
Manga 24,3 m
Calado 9,4 m
Calado aéreo 38,6 m
Sensores ·Radar aéreo: Hughes AN/SPS-52C, tridimensional e alcance de 439 km, operando en bandas E/F
·Radar superficie: ISC Cardion AN/SPS-55, bandas I/J
·Control de aeronaves: ITT AN/SPN-35A, banda J
·Control de fogo: 4 Sperry VPS 2 (Meroka), banda I. RTN 11L/X, alerta mísiles. RAN 12L, banda L (designación e procura para os Meroka).
Armamento 4 x FABA Meroka mod 2A3 CIWS 20mm/120
·2 x Rheinmetall 37mm (salvas)
Guerra electrónica ·3 reclamos: 6 x FMC SRBOC Mk 36
·Sistema acústico antitorpedos: SLQ 25 Nixie, supresor de ruídos de casco e propulsores US Prairie/Masker
·ESM/ECM: Elettronica ( hoxe Alenia Elettronica) Nettunel.
Autonomía 6.500 millas náuticas a 20 nós (12.000 km)
Tripulación 555 mariñeiros, 208 grupo aéreo
Aeronaves AV-8B Harrier II Plus
SH-3D/H Sea King
Hughes 500
Agusta-Bell AB 212ASW/EW
Seahawk SH-60B Lamps III

Historia

editar

O portaavións foi construído no Ferrol pola Empresa Nacional Bazán (agora Navantia) partindo dun deseño inicial realizado nos Estados Unidos, chamado Sea Control Ship (SCS) e rematado en 1977. Non obstante, os planos e especificacións entregados non correspondían exactamente coas necesidades españolas, realizando a Empresa Nacional Bazán numerosos cambios e melloras.

A orde de execución do buque deuse aos estaleiros de Bazán Ferrol o 29 de xuño de 1977, e a colocación en bancada do primeiro bloque prefabricado estaba prevista para mediados de 1979, sendo a data real o 8 de outubro de 1979. A data prevista para a botadura era 1981, pero a real foi o 22 de maio de 1982, un ano máis tarde do previsto.[2] Entre a botadura e a entrega houbo moito atraso e un importante aumento de custos, debidos, entre outras causas, aos numerosos problemas laborais de Bazán, o cambio nos sistemas de contratación de equipos en plena fase de construción e ás modernizacións que impuxo a Armada durante esta fase.[3]

O proxecto, que naquel momento era dunha grande envergadura económica e tecnolóxica, carrexou atrasos e aumentos nos custos; mais o Goberno de Felipe González apoiou o proxecto e rematouno.

Os cambios nas esixencias navais significaron que moitos dos sistemas do barco tiveron que ser modificados coa adición do «Tritan Digital Command» e o Sistema de Control. Non entrou en servizo activo ata o 30 de maio de 1988 e regresou aos estaleiros de Ferrol para reformarse rapidamente en 1990.

O portaaeronaves tailandés HTMS Chakri Naruebet foi construído nos mesmos estaleiros, tomando como base o deseño do Príncipe de Asturias.

O grupo aéreo embarcado

editar

O grupo aéreo embarcado soportaba ata 29 aeronaves, doce AV-8 Harrier II e AV-8B Harrier II Plus, así como doce helicópteros, normalmente unha combinación de modelos Sikorsky e Agusta, seis Sikorsky Sea King SH-3H, catro Agusta AB-212 e dous Sikorsky SH-3 AEW. Debido á capacidade STOL, STOVL e VTOL dos aparatos embarcados, a cuberta de voo descentrada era de 175,3 m, incluíndo unha rampla (ski-jump) de 12º e 46,5 m de lonxitude que lograba un maior arranque en menor distancia.

As dúas grandes turbinas de gas xeraban 34,6 Mw por unidade (46.400 CV), propulsando unha única hélice de cinco palas. A velocidade media máxima era de 27 nós, cunha autonomía de 6.500 millas náuticas a unha velocidade de cruceiro de 20 nós.

Galería de imaxes

editar

Novo buque

editar

En 2010, ao Príncipe de Asturias uniráselle un novo navío de deseño e tecnoloxía punteira, capaz de desempeñar labores como portaavións e como buque multipropósito. Trátase do LHD, chamado Juan Carlos I (L-61), botado nos estaleiros de Navantia en Ferrol en marzo do 2008 e que é o meirande navío da Armada Española.

  1. "El Príncipe de Asturias despide en Rota al portaaviones que lleva su nombre". www.diariosigloxxi.com. 6 de febrero de 2012. 
  2. La Armada Española (ISBN 84-7140-172-X)
  3. La Aeronáutica en la Armada, El reto de los 90 EN Bazán (1988) (ISBN 84-87063-01-2)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar