Potok ou Geizer foi unha serie de satélites de comunicacións militares da Unión Soviética.[1][2]

Características editar

Os satélites Potok servían de enlace entre estacións terrestres e os satélites de recoñecemento Yantar-4KS1 e Yantar-4KS1M. Levaban a bordo os transpondedores Slav-2 e Sintez en banda C e usaban unha antena octogonal de aliñamento de fase. Operaban desde a órbita xeoestacionaria e lanzáronse dez entre 1982 e 2000, todos con éxito e mediante foguetes Proton K/DM e Proton K/DM-2.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Potok 1 17 de maio de 1982 Proton K/DM Éxito
Potok 2 2 de marzo de 1984 Proton K/DM Éxito
Potok 3 4 de abril de 1986 Proton K/DM Éxito
Potok 4 1 de outubro de 1987 Proton K/DM-2 Éxito
Potok 5 1 de agosto de 1988 Proton K/DM-2 Éxito
Potok 6 18 de xullo de 1990 Proton K/DM-2 Éxito
Potok 7 22 de novembro de 1991 Proton K/DM-2 Éxito
Potok 8 21 de setembro de 1994 Proton K/DM-2 Éxito
Potok 9 30 de agosto de 1995 Proton K/DM-2 Éxito
Potok 10 4 de xullo de 2000 Proton K/DM-2 Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "Potok" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Potok (Geizer, 11F663)" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar