Portolano
Os portolanos,[1] tamén coñecidos como cartas portolanas, eran manuais, xeralmente con forma de libro, que se empregaban na navegación medieval e nos que aparecían listas sistemáticas de portos (de aí o seu nome), as distancias entre eles e as direccións para dirixirse dun a outro. Describían sobre todo a costa mediterránea, aínda que tamén houbo algúns de costas atlánticas.[2][3] Apareceron no século XIII e continuaron elaborándose por varios séculos, mesmo moi avanzada a Idade Moderna, aínda que son produtos típicos dos séculos XIV e XV principalmente. Contiñan información sobre distancias, vías para acceder aos portos, perigos, bancos de area, arrecifes e ancoraxes.[2] Caracterízanse por tres circunstancias:
- son como os actuais mapas escritos
- teñen como fondo unha retícula trazada a base dos rumbos ou liñas de dirección da rosa dos ventos.
- son mapas con escala gráfica chamada tronco de leguas (truncum leucae).
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portolano.
- ↑ 2,0 2,1 "¿Qué es un portulano o carta portulana?" (en castelán). Consultado o 2021-04-24.
- ↑ "Los portulanos, una fuente histórica y estética". Blog Cátedra de Historia y Patrimonio Naval (en castelán). 2016-05-23. Consultado o 2021-04-24.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Portolano |
Bibliografía
editar- Konrad Kretschmer, Die italianischen Portolane des Mittelalters, Ein Beitrage zur Geschichte der Kartographie und Nautik, Berlin, Veroffentlichungen des Institut fur Meereskunde und des Geographischen Instituts an der Universitat Berlin, Vol. 13, 1909. (available online)
- Alessandra D. Debanne, Lo Compasso de navegare. Edizione del codice Hamilton 396 con commento linguistico e glossario, Brussels, Peter Lang for the Gruppo degli italianisti delle Università francofone del Belgio, 2011.
- Patrick Gautier Dalché, Carte marine et portulan au XIIe siècle. Le Liber de existencia rivieriarum et forma maris nostri Mediterranei, Pise, circa 1200, Roma, École Française de Rome, 1995. (available online)
- Tony Campbell, "Portolan Charts from the Late Thirteenth Century to 1500", Chapter 19 of The History of Cartography, Volume I. U. of Chicago Press, 74th edition (15 de maio de 1987). (dispoñible en liña)