La Bonaigua
La Bonaigua (en catalán: Port de la Bonaigua) é un porto de montaña do Pireneo catalán, a 2.076 metros de altitude, limítrofe entre as comarcas do Val de Arán e o Pallars Sobirà. Une as vilas de Salardú e València d'Àneu. Administrativamente pertence ao concello de Alt Àneu.
Tipo | portela porto de montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Alt Àneu, España | |||
| ||||
Cordilleira | Pireneos | |||
Características | ||||
Altitude | 2.072 m 2.076 m | |||
Antigamente era, xunto co túnel de Vielha, o único paso que permitía chegar ao Val de Arán dende o resto de Cataluña. A ermida e refuxio da Virxe das Ares era un punto estratéxico de descanso e refuxio. A principios do século XX abriuse un camiño de terra, apto para o tránsito rodado, que co tempo acabou formando parte da estrada C-28.
No lado aranés abriu en 1964 a estación de esquí de Baqueira Beret que foi crecendo ata a actualidade, na que os seus remontadores atópanse aos dous lados do porto e tamén no medio do paso.
Galería de imaxes
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Bonaigua |