Porto Saíd
Porto Saíd (en árabe, بورسعيد, Būr Saʻīd) é unha cidade e principal porto de Exipto no nordés, situada no delta do Canal de Suez na costa do mar Mediterráneo, tamén capital da Gobernación de Porto Saíd. Conta cuns 680.375 habitantes (2010), e numerosas casas antigas, do século XIX, con grandes balcóns nas fachadas. Do outro lado da canle atópase Porto Fouad, co que está conectado por ferries gratuítos. A uns corenta quilómetros ao sur, a ponte de El Qantara permite o paso dunha beira a outra.
بورسعيد (ar) | |||||
Epónimo | Muhammad Said bajá | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Exipto | ||||
Gobernación | Governamento de Porto Said (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 524.433 (2010) (388,18 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.351 km² | ||||
Altitude | 6 m | ||||
Creación | 1859 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | portsaid.gov.eg… |
A base da economía de Porto Saíd é a pesca, as industrias químicas, a fabricación de produtos alimenticios e a produción tabaco, sobre todo de puros. Gran parte dos produtos exipcios, como o algodón e o arroz, son exportados desde Porto Saíd, ademais de ser unha estación de subministración de combustible para os barcos que cruzan a canle. Porto Saíd tamén é unha zona franca, así como a residencia de verán de moitos exipcios.
Historia
editarAo principio, un simple campamento improvisado para traballadores exipcios e as súas familias, a historia propiamente urbana de Porto Saíd remóntase á fundación da cidade ao 25 de abril de 1859, baixo o xedive Mohamed Said Pasha,[1] arredor dun porto creado para albergar o material procedente de Europa cando Ferdinand de Lesseps comezou a escavación para a construción da Canle de Suez, e despois ofrecer subministracións aos barcos que a cruzaban. Rudyard Kipling dixo:
“Se realmente queres atoparte con alguén que xa coñeces que está viaxando, hai dous lugares no globo onde só tes que sentarte e esperar e esa persoa chegará tarde ou cedo: os peiraos de Londres e Port Said."
O primeiro problema que se atopou foi a dificultade dos barcos para fondear nas proximidades. Por sorte, un único afloramento rochoso ao ras da costa foi descuberto a uns centos de metros. Pouco despois, construíuse un peirao de madeira, que conectaba o illote de partida coa praia. Esta rocha podería considerarse o corazón da cidade en desenvolvemento, e foi neste sitio altamente simbólico, corenta anos despois, onde se erixiu un monumento a Lesseps.
En 1926 creouse o Vigairato Apostólico da Canle de Suez, con sede en Porto Saíd e, de 1932 a 1934, Ange-Marie Hiral construíu a catedral francesa de Porto Saíd.[2][3]
Porto Saíd foi testemuña de acontecementos históricos en 1956, cando se nacionalizou a canle e o derradeiro soldado británico foi evacuado da cidade e a bandeira exipcia foi izada na base naval de Porto Saíd por Gamal Abdel Nasser por primeira vez o 18 de xuño.
A cidade tamén xogou un papel heroico na segunda metade do ano na resistencia á agresión británica/francesa, que intentou en colaboración con Israel reconquistar a canle de Suez durante a crise de Suez, consecuencia da nacionalización da canle. O 23 de decembro de cada ano, Port Said celebra o Día da Vitoria, que conmemora a evacuación das forzas británicas e francesas da cidade o 23 de decembro de 1956.
Durante a Guerra dos Seis Días en 1967, a cidade foi o obxectivo dos bombardeos israelís e foi parcialmente destruída. A ocupación da marxe sinaítica da canle por parte do Tsahal provocou o seu peche, supoñendo un duro golpe á actividade económica da cidade que contaba entón con 240.000 habitantes. A guerra de desgaste entre exipcios e israelís, ata 1970, provocou a evacuación case total da poboación.
Non foi ata a Guerra de Yom Kippur e a evacuación da marxe oriental da canle por parte das tropas israelís que se permitiu a reapertura da canle, en 1975. Tralos acordos de Camp David de 1978 e a pas entre Israel e Exipto de 1979, a cidade que foi reconstruída e restaurada baixo o liderado de Anwar el-Sadat, recuperou a súa antiga actividade económica e volveu prosperar.
A finais de xaneiro de 2013 estalaron disturbios na cidade, tralo anuncio da sentenza de morte de vinte e un seguidores do club de fútbol local Al-Masry Club, xulgados por provocar a morte, o 1 de febreiro de 2012, de 72 persoas durante os enfrontamentos tralo partido do campionato de fútbol exipcio contra o club do Cairo, Al Ahly Sporting Club.[4][5]
Xeografía
editarA cidade está construída nunha estreita franxa costeira que separa o lago Menzaleh do mar Mediterráneo. atópase ao norte da canle de Suez. Porto Saíd é, polo tanto, un dos lugares de paso dos viaxeiros que viaxan entre Europa ou Asia e África.
Atópase a 82,9 km de Ismailía, a 190 km de Suez, 200 km ao norte do Cairo e a 260 km de Alexandría.
Distritos
editarA cidade moderna está dividida en 7 distritos:[6]
- Al-Janoub :(504,000 km²)
- Al-Zuhur :(262,581 km²)
- Al-Dawahy :(62,673 km²)
- Al-Sharq :(5,017 km²)
- Al-Manakh :(3,312 km²)
- Al-Arab :(1,592 km²)
- Distrito Oeste
A cidade de Port Fouad (505,69 km²) tamén está baixo a xurisdición de Port Saíd e forma parte da súa área metropolitana.
Educación
editarNos estudos básicos, conta con 349 escolas de diferentes niveis.
Non estudois superiores, Porto Saíd conta coa Universidade de Porto Saíd, fundada en 2010 para servir a Canle de Suez e a rexión do Sinaí. A universidade é un centro educativo de rápido crecemento en Exipto, con moitos estudantes que estudan no estranxeiro. Tamén existe a Academia árabe de Ciencia, Tecnoloxía e Transporte Marítimo.
Transporte
editarAeroporto
editarO aeroporto está a 6 km do centro da cidade. Foi modernizado recentemente e convertido en aeroporto internacional dende abril de 2011
Autovías
editar- Estrada Internacional da Costa (Alexandria - Porto Saíd)
- Estrada do deserto O Cairo – Ismailía - Porto Saíd (Porto Saíd - O Cairo: 220 km)
- Estrada Porto Saíd - Damieta
Tren
editarA estación de tres está na rúa Mustafa Kamal; as principais conexións son cara O Cairo (4 horas de traxecto), Alexandría (6 horas de traxecto) e outras cidades menos importantes.
Ferry
editarPorto Saíd esta unida con Porto Fouad con ferry con capacidade para persoas e para vehículos. O traxecto de paso da canle é duns 10 minutos e é de balde.[7]
Outros
editarAutobuses públicos da Port Said Governorate's Agency for Public Passenger Transport. Tamén ten taxis.
Cultura
editarMuseos
editar- Museo Nacional de Porto Saíd; situado na rúa de Palestina, permite observar numerosos obxectos de diferentes épocas de Exipto, faraónica, cristiá, musulmá.
- Museo Militar de Porto Saíd (abriu en 1964); presenta a historia militar de Exipto, especialmente a crise da canle de Suez, a guerra que estalou en 1956 en Porto Saíd.
- Museo de Arte Moderna
Deportes
editarO club de fútbol de Porto Saíd é o Al-Masry Club, é un dos clubs máis grandes e populares de Exipto e propietario dun estadio con 17 900 localidades.
Cidades irmandadas
editar- Volgogrado, Rusia, en 1962
- Bizerte, Tunisia, en 1977
Galería
editar-
Sede da Autoridade do Canal de Suez.
-
Museo de Arte Moderna
-
Transbordador no Canal
-
Faro de Porto Saíd
-
Vista da zona portuaria
Notas
editar- ↑ "About Port said". portsaid.gov.eg (en inglés). 2022. Archived from the original on 03 de xaneiro de 2024. Consultado o 11 de novembro de 2017.
- ↑ Trudel (1957), p. 7
- ↑ Trudel (1957), pp. 71-72
- ↑ AFP/Reuters (1 de febreiro de 2012 [actualizado o 2 de febreiro de 2012)). "Match meurtrier à Port-Saïd". lequipe.fr (en francés). Consultado o 27 de agosto de 2024.
- ↑ "Egypte: La Fifa offre son aide". eurosport.fr (en francés). 2 de febreiro de 2012. Consultado o 27 de agosto de 2024.
- ↑ ""About Port said - Administrative Division"". portsaid.gov.eg (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2024.
- ↑ Richardson, Jacobs & Jacobs (2003), p. 671
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto Saíd |