Portland, Maine

cidade estadounidense do estado de Maine

Portland é a cidade máis grande do estado estadounidense de Maine e a capital do Condado de Cumberland, en Maine. A poboación en 2010 era de 66.194,[1] cun crecemento dun 3% dende o censo do ano 2000. Portland é a cidade principal da área metropolitana, que inclúe os Condados de Cumberland, York, e Sagadahoc.

Portland
Bandeira de Portland, Maine
Bandeira de Portland, Maine
Escudo de Portland, Maine
Escudo de Portland, Maine
Bandeira Escudo
Portland

Vista aérea de Portland, Maine
Alcume The Forest City
Información
País Estados Unidos
Estado Maine
Fundación 4 de xullo de 1786
Superficie
 • Total

136,2 km²
Poboación
 • Total
 • Área metropolitana

66.194 (2010)
516.826
Densidade 1.169 hab./km²
Altitude 19 m
Alcalde Michael F. Brennan
Localización de Portland
Páxina oficial

Os turistas visitan o histórico distrito de Old Port, polo Porto de Portland, na desembocadura do río Fore e parte da Baía Casco, e o Distrito das Artes de Portland, que vai pola Congress Street no centro da cidade. O Faro de Portland está situado no Cabo Elizabeth e marca a entrada ao porto.

O escudo da cidade representa un fénix renacendo das súas cinzas, xusto debaixo do lema da cidade, Resurgam, en latín "Levantareime de novo." O lema refírese ás reconstrucións de Portland ante catro incendios devastadores.[2] A cidade de Portland, Oregón foi chamada así por Portland, Maine.[3]

Cidades irmandadas Editar

Notas Editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2011. Consultado o 27 de maio de 2011. 
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2007. Consultado o 27 de maio de 2011. 
  3. "Portland: The Town that was Almost Boston". Portland Oregon Visitors Association. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2011. Consultado o 2006-11-18. 
  4. "Japan index of Sister Cities International retrieved on December 9, 2008". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 27 de maio de 2011. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar