Portas de á de gaivota
As portas de á de gaivota son un tipo de portas de automóbil que están fixadas ao teito e abren verticalmente, ao contrario das portas convencionais. Son chamadas así porque, cando están abertas, as portas evocan a imaxe dunha gaivota coas ás despregadas.
Os exemplos máis coñecidos de coches producidos en serie con portas deste tipo son o Mercedes-Benz 300 SL dos anos 1950 (primeiro coche de rúa con portas que abren para arriba[1]), o Bricklin SV-1 dos anos 1970, o DMC DeLorean dos anos 1980 e o Mercedes-Benz SLS AMG da década de 2010.
A principal vantaxe que teñen estas portas é que requiren pouco espazo para abrilas (27,5 cm no DeLorean; 11 polgadas).[2]
As portas de á de gaivota tamén foron usadas en avións pequenos; dous exemplos son o francés Socata TB e o estadounidense Cessna 350 Corvalis.
Notas
editar- ↑ Dalmo Hernandes. "As portas mais incríveis (ou bizarras) do mundo automotivo". Flatout.com.br. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ Knut Grimsrud. "DeLorean Frequently Asked Questions - Technical Information". Dmcnews.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2021. Consultado o 29 de agosto de 2020.