Portal:Música rock/Artigo destacado/xaneiro 2017

My Bloody Valentine en 2008.

My Bloody Valentine é unha banda de rock alternativo formada en Dublin en 1984. Os seus fundadores foron o guitarrista e vocalista Kevin Shields e o batería Colm Ó Cíosóig, e dende 1987, tras varios cambios, completaron a grupo a vocalista e guitarrista Bilinda Butcher e a baixista Debbie Googe. O seu nome provén dunha película de terror de 1981 chamada igual.

A medida que a súa música progresaba, o seu uso da distorsión, o pitch bending e a reverb dixital convertéronse nun son que deu a coñecerse como shoegazing. O seu aclamado álbum de 1991 Loveless tardou dous anos en saír adiante debido a problemas de financiamento. Despois da súa edición, My Bloody Valentine estivo inactiva tras a marcha de Googe e Ó Cíosóig en 1995 e separaríase en 1997.

No ano 2007 Kevin Shields anunciou unha reunión do grupo, que xiraría por Europa, Norteamérica e Asia. Tras as reedicións dos seus álbums, Isn't Anything e Loveless, e a publicación do seu recompilatorio EP's 1988–1991 (2012), o longamente atrasado terceiro álbum de My Bloody Valentine, m b v, foi lanzado o 2 de febreiro de 2013, 22 anos despois da edición do seu anterior álbum.