Portal:Música rock/Artigo destacado/xaneiro 2014

Foo Fighters nun concerto acústico en Londres.

Foo Fighters é unha banda de rock alternativo estadounidense fundada en Seattle, Washington en 1995 polo que fora ata ese momento batería de Nirvana, Dave Grohl. Inicialmente foi un proxecto composto só por Grohl, e no seu primeiro traballo, Foo Fighters, foi o único membro oficial, pero este recrutaría aos antigos membros de Sunny Day Real Estate Nate Mendel (baixo) e William Goldsmith (batería), e ao seu compañeiro en Nirvana Pat Smear (guitarra) para completar a formación.